Usted está aquí

Funcións e estructura

Funcións

A Consellería do Mar é o órgano da Administración galega encargado da ordenación e o fomento do sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola e de transformación dos produtos do mar no ámbito de Galicia.

As súas principais actuacións abranguen:

  • Investigación e asistencia técnica ao sector.
  • Elaboración e aplicación de plans de mantemento e mellora do litoral e dos recursos pesqueiros.
  • Renovación, expedición e control das titulacións profesionais pesqueiras, náutico-deportivas e de mergullo.
  • Salvamento marítimo e loita contra a contaminación.
  • Planificación e actuacións portuarias.

Estrutura da Consellería

  1. Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Mar estrutúrase nos seguintes órganos:
    • Conselleira: Rosa Quintana Carballo
    • Secretaría Xeral Técnica: María Isabel Concheiro Rodriguez-Segade
    • Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica: Mercedes Rodríguez Moreda
    • Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro: Susana Rodríguez Carballo
  2. Quedan adscritas a esta Consellería as entidades públicas instrumentais do sector
    público autonómico:
    • O ente público Portos de Galicia. Presidente: José Juán Durán Hermida
    • O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
      Directora : Covadonga Salgado Blanco

Guía da Comunicación