Usted está aquí

Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP)

As organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (OPP), as asociacións de organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (AOP) e as organizacións interprofesionais (OIP) constitúen as organizacións profesionais do sector pesqueiro. Están definidas na Organización Común de Mercados (OCM) como o sector da economía que comprende todas as actividades de produción, transformación e comercialización dos produtos da pesca ou da acuicultura.

O marco xurídico no que se fundamenta a política europea neste sector está conformado pola Política Pesqueira Común (PPC), aprobada polo Regulamento (UE) nº 1380/2013, de 11 de decembro, a Organización Común de Mercados dos produtos da pesca e da acuicultura (OCM), aprobada polo Regulamento (UE) nº 1379/2013, de 11 de decembro, o réxime comunitario de control, establecido polo Regulamento (CE) nº 1224/2009, de 20 de novembro e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), establecido polo Regulamento (UE) nº 508/2014, de 20 de maio. Esta lexislación conforma os pilares principais nos que se sustenta a Política Pesqueira Común para alcanzar os seus obxectivos.

PE211A - Presentación de plans de produción e comercialización e informes anuais.

O obxecto da presente resolución é establecer o procedemento co código PE211A para a presentación da documentación requirida na tramitación e aprobación de plans de produción e comercialización e informes anuais das…

PE155C - Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións...

 

Plan Galego de Control das Organizacións de Produtores Pesqueiros

Listado OPP ámbito de Galicia

Normativa