Usted está aquí

Formación

As accións formativas promovidas dende a Consellería do Mar teñen como finalidade a capacitación dos traballadores da pesca para o exercicio da súa profesión; ben sexa mediante a preparación para o acceso ao emprego ou facilitando a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da súa vida.

O catalogo formativo náutico, marítimo pesqueiro, de mergullo e acuicultura, ofrece unha base sólida e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo.

Catro escolas galegas contribúen a este obxectivo: a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (IGAFA).