Vostede está aquí

Plans de xestión e biodiversidade

As actividades de marisqueo en Galicia están sometidas a plans de xestión que perseguen, como obxectivo económico, sustentar a actividade profesional das persoas que o exercen. Ademais, ao tratarse dunha actividade baseada na xestión de recursos naturais e no bo estado do medio natural, precisa dunha extremada calidade ambiental do entorno.

A xestión sostible dos recursos marisqueiros, enmarcase nos plans de xestión, nos que se desenvolven medidas que melloran a protección, conservación e sustentabilidade dos recursos. Ademais da xestión sostible, realízanse actividades complementarias que contribúen á conservación e recuperación de hábitats e da diversidade, para garantir a viabilidade económica, social e ambiental do sector.

O marisqueo, exercido a través dos plans de xestión, axústase a unha perspectiva sistémica axeitada na medida en que mellora a biodiversidade, fomenta o uso axeitado do territorio, pode contribuír a minorar ou adaptarse ao cambio climático, e se axusta ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). O marisqueo, a través dos plans de xestión, responde ao concepto de infraestrutura verde na medida en que favorece ou mantén os servizos ecosistémicos, aplica a restauración ecolóxica, e mellora a conectividade.

Os plans de xestión do marisqueo tamén axudan a encadrar esta actividade na Directiva marco sobre a estratexia mariña (DMEM). Dita Directiva establece un total de 11 descritores do estado ambiental nas augas mariñas, así como os indicadores que se deberán utilizar para avaliar a consecución do bo estado medioambiental da zona obxecto de estudo. Moitas das labores levadas a cabo polos técnicos das entidades asociativas do sector en relación cos plans de xestión, coinciden cos requirimentos da DMEM e achegan información que pode ser encadrada en moitos dos descritores establecidos.

Dentro deste apartado atoparemos a información necesaria a elaboración e presentación das propostas de plans de explotación para moluscos bivalvos en zonas de autorización e específicos para as zonas de libre marisqueo para o ano 2018:

Circular MA-03-2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se ditan as instruccións para as presentación dos plans de explotación para moluscos bivalvos en zonas de autorización e específicos para as zonas de libre marisqueo para o ano 2018.


Plans de Explotación Marisqueira: Modelo de plan de explotación para moluscos bivalvos. Formulario e Anexos.

Léeme

Modelo de plan de explotación de marisqueo xeral que deberá cumprimentarse e acompañar á solicitude de plan (anexo I-PE403A da Orde do Orde do 23/12/2016)

Anexo relativo aos indicadores ambientais que deberá cumprimentarse e anexarse aos plans de explotación.

Plans de Explotación Marisqueira: Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica dos plans de explotación. Memoria e Anexos

 

Dentro deste apartado atoparemos a información necesaria para elaboración e presentación das propostas de plans de xestión de recursos específicos para o ano 2018.

Circular MA-02-2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan as instrucións para a presentación dos plans de xestión de recursos específicos para o ano 2018, así como o anexo relativo aos indicadores ambientais que debe acompañar aos anteditos plan presentados polas entidades.

Plans de Xestión Marisqueira. Modelo de plan de xestión de recursos específicos. Formulario e Anexos.

Léeme

Modelo de plan de xestión de recursos específicos que deberá cumprimentarse e acompañar á solicitude de plan (anexo VII-PE410A da Orde do 30.12.2015)

Anexo relativo aos indicadores ambientais que deberá cumprimentarse e anexarse aos plans de xestión.

Plans de Xestión Marisqueira: Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica dos plans de xestión. Memoria e Anexos.

A orde de 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13, do 21 de xaneiro de 2016) contempla que no caso da explotación de recursos específicos desde embarcación, terase en conta ter exercido unha actividade mínima na renovación das habilitacións e no mantemento do número de cotas de captura a que pode ter dereito cada embarcación. Con esta medida pretendíase evitar que se producira unha subexplotación dos recursos e promóver a incorporación de persoas ao sector.

A consellería realizou una análise do incremento do esforzo nos plans de xestión de recursos específicos nos anos 2015 e 2016 co obxecto de determinar se a implementación da orde de 30 de decembro de 2016 supuxo una variación significativa do esforzo extractivo aplicado sobre os recursos nos plans de xestión. Este informe analizouse na comisión sectorial de marisqueo e recursos específicos do Consello Galego de Pesca do 12 de xullo de 2017.

A continuación figura un resumo executivo do informe mencionado.