Vostede está aquí

Nova

Rosa Quintana destaca a aposta e o apoio de Galicia ao sector do mexillón

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Santiago a aposta de Galicia polo sector do mexillón

Santiago, 11 de xaneiro de 2018.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Santiago a aposta de Galicia polo sector do mexillón. Este apoio, sinalou, materialízase na posta a disposición de axudas para a acuicultura sustentable, actividade na que o sector do mexillón é referente. Neste sentido, lembrou que máis de 11.000 persoas traballan directamente neste sector e que Galicia conta con máis de 3.300 bateas de mexillón que producen anualmente máis de 250.000 toneladas.

Así o destacou no Museo do Pobo Galego durante a inauguración da exposición Mexillón de Galicia, fotografías de Xurxo Lobato, un acto no que a conselleira estivo acompañada pola directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, Covadonga Salgado. Alí Rosa Quintana tamén puxo en valor a calidade deste molusco cultivado nunha zona única; un aspecto, subliñou, que recolle Xurxo Lobato na exposición que se inaugura hoxe e que acolle o Museo do Pobo Galego ata o 25 de febreiro. Esta mostra conta con 50 imaxes e un vídeo e ten como obxectivo dar a coñecer ao mundo e poñer en valor a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Anteriormente estivo no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e no Aquarium Finisterrae da Coruña.
 
Galeria de imaxes