Vostede está aquí

Nova

Galicia acollerá este mes un seminario no que distintos países europeos sumarán argumentos de defensa da pesca ante o brexit
  • Neste encontro participarán representantes do sector de Galicia e do resto de España e tamén de Holanda, Alemaña, Bélxica, Francia e Irlanda co obxectivo de poñer en común información de interese para a defensa do mar nas negociacións do brexit
  • No pleno do Consello Galego de Pesca presentáronse ao sector os resultados do acordo acadado en Bruxelas sobre TACs e cotas para o 2018, os termos do acordo pesqueiro entre España e Portugal e a Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro

  • A conselleira do Mar presidiu o pleno do Consello Galego de Pesca ao que asistiu o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

    Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018.- Santiago de Compostela acollerá o 26 deste mes un seminario no que distintos países europeos poñerán en común a información de interese e sumarán argumentos para a defensa do mar nas negociacións do brexit. Nel participarán representantes do sector de Galicia e do resto de España e tamén de países como Holanda, Alemaña, Bélxica, Francia e Irlanda, países que teñen intereses comúns na defensa dos sectores do mar ante a saída de Reino Unido da Unión Europea.

    Así o sinalou esta mañá en Santiago o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Alberto López-Asenjo, onde asistiu ao pleno do Consello Galego de Pesca, presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Unha reunión na que, segundo sinalou a titular de Mar, “intercambiamos opinións co sector dos problemas que lle preocupan e das solucións que podemos aportar desde a Administración”.

    Entre eles, expuxo a conselleira, os resultados do acordo acadado en Bruxelas sobre Totais Admisibles de Capturas e cotas para o 2018 nunha negociación na que se melloraron as propostas iniciais da Comisión Europea. Neste sentido, Rosa Quintana destacou os bos resultados da actividade pesqueira, que no ano 2016 acadou en facturación o mellor dato desde que que hai rexistros; un resultado que, segundo os datos provisionais, se melloran no 2017.

    Outro dos asuntos abordados na reunión do Consello Galego de Pesca foi o contido do acordo pesqueiro entre España e Portugal. Así, informouse ao sector que o acordo xa conta con todos os ditames de asesoría técnica internacional necesarios e que irá proximamente ao Consello de Ministros, que é o que habilita a sinatura e posta en marcha deste acordo.

    Ademais, durante a reunión, na que tamén estivo a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, presentouse ao sector a Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro, realizada por este instituto en colaboración con outros centros da cornixa cantábrica.

    Galeria de imaxes

    A conselleira do Mar presidiu o pleno do Consello Galego de Pesca ao que asistiu o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

    print '

    Video

    ';