Vostede está aquí

Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (IGAFA)

Acuicultura e mergullo son as dúas formacións que se imparten no IGAFA. A súa situación na Illa de Arousa, zona galega de maior establecemento de cultivos mariños, as súas excelentes instalacións e a colaboración con diversas empresas fan do IGAFA un centro de referencia de formación en materia de acuicultura.

Infraestrutura

  • 11 Aulas para impartir as clases teóricas
  • Biblioteca
  • Salón de actos
  • Máis de 1.200 m2 para a realización de prácticas e a experimentación en acuicultura.
  • Laboratorios,
    • para acondicionamento dos reproductores
    • incubación
    • cultivo larvario
    • alimentación larvaria
    • e preengorde
    • catro dotados con material óptico
  • Criadoiros específicos
  • Dúas gaiolas
    • engorde de peixes
    • crustáceos
  • Parque flotante para cultivo de moluscos.
  • Ademais, a escola dispón dun areal cedido pola Confraría de Pescadores da zona no que se sitúa un parque intermareal.
  • Para o mergullo, a escola conta cos medios e equipamento máis avanzado para garantir a seguridade nas inmersións.
    • Piscina interior
    • Foxo-piscina exterior
    • Cámar hiperbárica
    • Estación de carga de gases
    • Campo de prácticas no mar etc...

Datos de contacto:

Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)
Rúa Niño do Corvo, s/n
36626 A Illa de Arousa-Pontevedra
Tlf 886 159 304
Fax 886 159 320
Email igafa@xunta.es

 

Normativa dos ciclos formativos

DECRETO 197/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Cultivos
Acuícolas (2.5 Mb)

DECRETO 198/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Operacións
Subacuáticas e Hiperbáricas (900 Kb)

DECRETO 199/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo dociclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Acuicultura (2.8 Mb)

 

Formación non regrada

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se convoca un curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa - 25/05/2018