Vostede está aquí

O Sector

O sector pesqueiro é un piar estratéxico para a economía de Galicia. Non existe ningunha outra actividade produtiva que caracterice de igual xeito á nosa rexión diante da economía europea.

A pesca, o marisqueo, a acuicultura mariña e o sector transformador dos produtos do mar dan traballo na nosa Comunidade a máis de 100.000 persoas de forma directa ou indirecta, e xeran unha riqueza duns 1.136 millóns de euros (ano 2012), cifra que representa o 2,1% da riqueza de Galicia (PIB).

Esta importancia da pesca é moi superior nalgúns municipios costeiros, onde a actividade extractiva, acuícola e transformadora son claves na economía local. Isto acontece nun de cada cinco concellos costeiros, onde o peso deste sector aporta máis do 10% do seu PIB.