Vostede está aquí

Acuicultura

Galicia conta con preto de 2.700 empresas de acuicultura, entre bateas, parques de cultivo, granxas e criadeiros, que dan traballo a máis de 6.400 persoas. A produción acuícola superou as 246.000 toneladas cun valor de máis de 171 millóns de euros no ano 2014, o que dá unha idea da importancia socioeconómica deste sector en Galicia.

A nosa Comunidade encabeza a produción acuícola en España e, ademais, é a primeira rexión comunitaria nos cultivos mariños. Neste eido destaca a produción do mexillón, no que somos un referente mundial.

 

Fonte: pescadegalicia.gal

Actualmente a acuicultura en Galicia atópase en expansión e posúe unha forte proxección de futuro. Por este motivo, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, leva posto en marcha diversas iniciativas nos últimos anos coa finalidade de continuar liderando este sector en España e na Unión Europea.

Entre estas medidas atópanse a ‘posta a cero’ dos contadores das concesións das bateas para dar seguridade xurídica e estabilidade aos produtores e a elaboración da Estratexia Galega de Acuicultura

Estratexia Galega de Acuicultura

 

Comisión Reguladora do Mexillón