Vostede está aquí

Confrarías de pescadores

En Galicia existen na actualidade 63 Confrarías de Pescadores que son outras tantas comunidades pesqueiras onde se levan adiante proxectos para desenvolver programas de interese para o sector.

Están consideradas como corporacións de dereito público e órganos de consulta e colaboración da Administración en materia de xestión e ordenación pesqueira. Desde xaneiro de 2014 dispoñen dun marco xurídico que lles permite adaptarse aos cambios constantes que se producen no sector, sobre todo no que ten que ver coa xestión dos recursos, co seu ámbito de organización e co funcionamento interno.

Estas novas normas permiten aos pósitos galegos traballar como entidades modernas, solventes e competitivas nun mercado da pesca en constante transformación, sempre baixo primacía da legalidade, transparencia contable e democracia interna.