Vostede está aquí

Grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) son asociacións sen ánimo de lucro constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e da normativa de aplicación do Estado e da Comunidade Autónoma.

Estan compostos por entidades que representan os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da zona, e  nin as autoridades públicas, nin ningún tipo de interese concreto representa nos grupos máis do 49% dos dereitos de voto na toma de decisións. As entidades que forman parte dos GALP representan aos seguintes sectores:

a) Sector pesqueiro: asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con personalidade xurídica propia.

b) Sector social: asociacións socioculturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas,  asociacións de mulleres, asociacións relacionadas coa inclusión social e outras similares.

c) Sector económico: asociacións de empresarios e empresarias, asociacións de axentes económicos e organizacións sindicais.

d) Sector público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.

As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.

Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)  elaboraron para cada zona unha  estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)  2014-2020.

O FEMP incorpora de maneira efectiva as EDLP concibidas e postas en práctica polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, como principal instrumento para o logro da Prioridade cuarta da UE de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto de outros sectores da economía marítima.

A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio del FEMP asume como un dos principais obxectivos cara o período 2014-2020 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma

Declaración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia antifraude

O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UU poda poñer os feitos en coñecemento do SNCA.

A información que se remita ao SNCA a través do medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitira a información.

Ase mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuación que correspondan en relación cos mesmos.

A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar ase mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección posta, a través do cal o SNCA poda comunicarse con dita persoa.

Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.

O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:

http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Ase mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:

Servicio Nacional de Coordinación Antifraude

Intervención General de la Administración del Estado

Ministerio de Hacienda y Función Pública

Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.

 

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se acorda a ampliación do prazo para a resolución definitiva das solicitudes de axuda da convocatoria 2017 presentadas ata o 1 de marzo ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 (financiadas polo Fondo Europeo da Pesca) ata o 1 de setembro de 2017

ORDE do 29 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014‑2020, tramitado como anticipado de gasto

Ampliación do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014‑2020

Publicidade das axudas concedidas na convocatoria 2016 ao amparo da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se acorda a ampliación do prazo para a resolución definitiva das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (financiadas polo Fondo Europeo da Pesca)

ORDE do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016

Acceso á sede electrónica do procedemento PE155A onde poderá acceder a máis información sobre as axudas

Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas (EDLP) dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)

Modelos de memoria para solicitude de axuda

Datos de contacto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro

Mapa de GALPs en Galicia (1 Mb)

Acordo de colaboración entre a Conselleria do Mar e a Axencia de Turismo de Galicia para a coordinación de actuacións públicas sobre o turismo na comunidade autónoma de Galicia ao abeiro dos programas de desenvolvemento pesqueiro no marco do FEMP 2014-2020 (240 Kb)

Instrucións para os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro

Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016. (DOG nº 166 do 2 de setembro de 2016) - Descargar versión en galego - Descargar versión en castellano