Vostede está aquí

Estratexias de desenvolvemento local participativas (EDLP), dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Acordo polo que se fai publica a selección dun novo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro e de estratexia de desenvolvemento local participativo no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020

Para a posta en marcha do Desenvolvemento Sostible das Zonas de Pesca na Comunidade Autónoma de Galicia a Consellería do Mar seleccionou aos grupos de acción local do sector pesqueiro que aparecen a continuación e aprobou as correspondentes estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación do FEMP 2014-2020

GALP A Mariña Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP Golfo Artabro Norte: Ferrol, Neda, Fene, Narón, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne.

GALP Golfo Artabro Sur: Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo

GALP Costa da Morte: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Muxía.

GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Costa Sostible: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.

GALP Ría de Arousa: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Catoira, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove.

GALP Ría de Pontevedra: Meaño, Sanxenxo, Marín, Poio, Pontevedra, Bueu.

GALP Ria de Vigo-A Guarda: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia, Baiona, A Guarda.

Mapa de GALPs en Galicia (275 Kb)