Vostede está aquí

Marisqueo

O marisqueo é a actividade consistente na cría, captura, e recollida de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños. Ademais, abarca os labores de mantemento das zonas asignadas para esta actividade. Desenvólvese a pé ou dende embarcación na zona marítima ou marítimo-terrestre e faise de xeito exclusivo con artes selectivas para cada especie.

Esta actividade ten unha grande importancia social en Galicia, xa que dela dependen os ingresos de arredor de 3.800 persoas, na súa gran parte mulleres (o 82%). O marisqueo a flote, porén, é desempeñado principalmente por homes.

As especies principais que capturan os mariscadores a pé son: a ameixa xaponesa, ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.

No ano 2014, o valor económico dos bivalvos descargados nas lonxas galegas polos mariscadores e mariscadoras da nosa comunidade acadou máis de 53 millóns de euros, correspondentes ás preto de 6.000 toneladas de produción poxadas.

 

Máis información