Vostede está aquí

A Frota Galega de Grande Altura

Esta pesca é exercida nas augas internacionais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Os palangreiros de superficie no Atlántico Norte e Sur, os arrastreiros conxeladores nestas mesmas augas e os pesqueiros de diversas modalidades noutras zonas do Atlántico  nas costas africanas do Pacífico e do Índico son exemplo do espírito emprendedor dos armadores galegos á hora de localizar caladoiros e novas especies. De todos estes buques, arredor de 104 teñen porto base en Galicia.

Atuneiros conxeladores, palangreiros de superficie, a frota do fletán negro que está a faenar en augas de NAFO, os bacallaeiros do Mar de Barents e os grandes conxeladores proban que os pesqueiros galegos continúan sendo os primeiros na empresa de explotar novos recursos.

Ademais, as empresas galegas posúen investimentos na maioría dos caladoiros internacionais de relevancia. Arxentina, Alxeria, Chile, Namibia, Nova Zelandia, Turquía, Venezuela, Suráfrica, Camerún, Costa de Marfil, Senegal, Mozambique, Uruguai, Guinea, Angola, Gabón, Congo, Togo, Mauritania ou O Salvador son algúns dos estados nos que os empresarios e armadores galegos teñen investimentos.