Vostede está aquí

Pesca Deportiva

A pesca marítima de recreo practícase por entretemento, deporte ou afición, sen ánimo de lucro e respecto co exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola profesional.

Actualmente participan en Galicia desta actividade arredor de 30.000 persoas. A Lei de Pesca de Galicia recolle entre os seus fins a promoción deste tipo de pesca como actividade de lecer en harmonía coa pesca marítima profesional, así como as actividades turísticas, deportivas ou de coñecemento relacionadas co medio mariño, na procura da diversificación económica do sector marítimo-pesqueiro galego.

Licenzas de pesca marítima de recreo en superficie