Vostede está aquí

Proxectos colectivos

O novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) financiará proxectos de aplicación da nova reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e prestará apoio financeiro aos pescadores, acuicultores e poboacións costeiras para a súa adaptación ás novas normas. Ademais terá en conta proxectos destinados a fomentar o “crecemento azul” e a creación de postos de traballo, ao amparo da política marítima integrada da UE. Este apoio faise extensible tamén a xestión, recuperación e seguimento de zonas mariñas protexidas, paraxes de Natura 2000 e nos hábitats costeiros de especial interese para a cría de organismos mariños.

A consellería do Mar dispón das seguintes liñas de axuda para proxectos colectivos, que poden consultarse na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos):

A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio del FEMP asume como un dos principais obxectivos cara o período 2014-2020 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma

Declaración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia antifraude

O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UU poda poñer os feitos en coñecemento do SNCA.

A información que se remita ao SNCA a través do medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitira a información.

Ase mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuación que correspondan en relación cos mesmos.

A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar ase mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección posta, a través do cal o SNCA poda comunicarse con dita persoa.

Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.

O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:

http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Ase mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:

Servicio Nacional de Coordinación Antifraude

Intervención General de la Administración del Estado

Ministerio de Hacienda y Función Pública

Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.

 

1. Restauración dos ecosistemas mariños (procedemento PE209B)

Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2017, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de co-xestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños ou que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro que o requiran.

Para a convocatoria de 2017 serán subvencionables os gastos entre o 01 de xaneiro de 2017 e o 30 de xuño de 2018.

Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas.

A consellería do Mar elaborou una "Guía para a avaliación da perspectiva sistémica dos proxectos colectivos, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, cofinanciados polo FEMP" cuxo obxecto é orientar á avaliación dos proxectos candidatos por medio de criterios orientados á análise da perspectiva sistémica dos mesmo. Os proxectos terán unha perspectiva sistémica se melloran a biodiversidade, fomentan o uso axeitado do territorio, contribúen a minorar as causas do cambio climático e se axustan ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). Os proxectos responderán ao concepto de infraestrutura verde na medida en que apliquen a restauración ecolóxica, melloren a conectividade e favorezan ou manteñan os servizos ecosistémicos.

A Guía está constituída por unha memoria e un arquivo de estandarización en formato excel que pretende homoxeneizar o proceso de avaliación dos proxectos colectivos.

Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209B:

ORDE do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2017 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitadas como expediente anticipado de gasto.-DOG nº 23 do 02/02/2017

Resolucións para o desenvolvemento da orde do 31 de decembro de 2016

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2017 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se acorda a ampliación do prazo para a resolución definitiva das solicitudes de axuda da convocatoria de 2017

 

2. Xestión e conservación dos recursos mariños (procedemento PE209C)

Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2016, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, ao fomento da sensibilización medioambiental.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector marisqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, ao fomento da sensibilización medioambiental.

Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou a seguinte guía do solicitante e uns modelos de memorias e informes que facilitan o traballo de presentación e xustificación documental das entidades solicitantes.

Guia do solicitante (3.4 Mb)

ANEXO A: Documentación presentada coa solicitude (18 Kb)

ANEXO B: Memoria do proxecto (138 Kb)

ANEXO C: Plan de seguimento (82 Kb)

ANEXO D: Avaliacion final (44 Kb)

ANEXO E: Documentación conta xustificativa (11 Kb)

ANEXO F: Descriptores Estratexia Marina (68 Kb)

Orzamento e importe da subvención solicitada (Memoria financieira) (50 Kb)

Análise de viabilidade económico financieira (64 Kb)

 

Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209C:

ORDE do 1 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental

ORDE do 27 de setembro de 2017 pola que se establece a convocatoria para o ano 2017 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental

 

Resolucións para o desenvolvemento da orde do 27 de setembro de 2017

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se acorda a ampliación do prazo de xustificación da anualidade 2017 (53 Kb)

 

3. Mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas.Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas. (procedemento PE 209D)

Galicia conta cun amplo número de portos pesqueiros e ancoradoiros distribuídos ao longo do seu litoral que conforman un sistema portuario pesqueiro, diverso e complexo, que presta servizo a unha flota heteroxénea en tamaño e actividades e a un amplo grupo de usuarios plural tanto nas súas actividades coma nos seus intereses e que se insire no territorio tanto espacial como socialmente.

Os portos debe permitir a realización con criterios de ergonomía e seguridade, das actividades precisas para as operacións de pesca e para a primeira venda dos produtos pesqueiros. O Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia inclúe intervencións precisas para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos ás embarcacións, pescadores/as e mariscadores/as, co fin de mellorar as condicións de traballo e garantir as necesarias condicións de seguridade das persoas e os buques, garantindo a calidade sanitaria e organoléptica no obxectivo de avanzar no logro dunha actividade pesqueira máis sustentable.

A mellora da competitividade dos portos pesqueiros se asegurará aplicando as medidas do artigo 43.1 do Regulamento nº 508/2014, que promove, entre outros obxectivos, a mellora da eficacia, seguridade e trazabilidade nos portos.

A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2018, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas nos portos pesqueiros, lugares de desembarque, e lonxas para mellorar as condicións de traballo e a seguridade das persoas.

Poderán ser beneficiarias as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Poderán ser obxecto de subvención, os proxectos colectivos que teñan por obxecto modernizar as infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque ou das lonxas para mellorar a seguridade e condicións de traballo, e que se desenvolvan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Serán subvencionables inversións en equipos destinados á operatividade dos portos pesqueiros relacionadas coa descarga da pesca e movemento de cargas dentro do porto: guindastres de descarga, carretillas elevadoras e similares, transpaletas e apiladores.

Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias que facilitan o traballo de presentación das entidades solicitantes:

Anexo A. Memoria do proxecto. (238 Kb)

Análise de viabilidade económica financeira (67 Kb)

 

Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209D:

ORDE do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a modernización das infraestructuras dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto.