Funcións
A Consellería do Mar é o órgano da Administración galega encargado da ordenación e o fomento do sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola e de transformación dos produtos do mar no ámbito de Galicia.
As súas principais actuacións abranguen:
- Investigación e asistencia técnica ao sector.
- Elaboración e aplicación de plans de mantemento e mellora do litoral e dos recursos pesqueiros.
- Renovación, expedición e control das titulacións profesionais pesqueiras, náutico-deportivas e de mergullo.
- Salvamento marítimo e loita contra a contaminación.
- Planificación e actuacións portuarias.
Estrutura da Consellería
- Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Mar estrutúrase nos seguintes órganos:
- Conselleira: Rosa Quintana Carballo
- Secretaría Xeral Técnica: María Isabel Concheiro Rodriguez-Segade
- Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica: Mercedes Rodríguez Moreda
- Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro: Susana Rodríguez Carballo
- Quedan adscritas a esta Consellería as entidades públicas instrumentais do sector
público autonómico:- O ente público Portos de Galicia. Presidenta: Susana Lenguas Gil
- O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
Directora : Covadonga Salgado Blanco