Usted está aquí

Plans de xestión e biodiversidade

Proposta de norma que regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros:.

Dende os anos noventa a explotación dos recursos marisqueiros en Galicia organizouse principalmente a través plans de explotación anuais, mediante un sistema de coxestión entre a Administración e o sector. Os plans de explotación, xunto cos permisos de explotación para exercer a actividade e a organización do sector en torno ás agrupacións sectoriais das confrarías de pescadores, conformaron os piares para a importante transformación do sector marisqueiro, destacando a profesionalización das mariscadoras a pé, que contribúe á creación de emprego e ao desenvolvemento sustentable das zonas costeiras de Galicia.

A experiencia adquirida na xestión nos 25 anos transcorridos dende a promulgación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro e o grado de evolución organizativa acadado polo sector marisqueiro, levan a realizar unha actualización da normativa coa finalidade de reforzar a xestión do recursos en base á saúde dos stocks; reducir a carga administrativa; e incorporar os aspectos ambientais que permitan visibilizar a contribución do marisqueo a manter ou mellorar a biodiversidade, fomentar o uso axeitado do territorio, adoitar medidas de adaptación ao cambio climático, e axustarse ao concepto de infraestrutura verde.

No proceso de elaboración do proxecto de decreto polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros seguíronse os seguintes pasos:

1º. Elaboración dun informe técnico que tiña por obxectivo avaliar á viabilidade de establecer plans de xestión plurianuais tendo en conta a dinámica das poboacións das especies marisqueiras.

O estudo realizado permite incrementar a vixencia dos plans de xestión a un prazo medio de tres anos incorporando obxectivos operacionais, e realizando un seguimento e avaliación das tendencias de indicadores establecidos e niveis de referencia establecidos.

2º Presentación ás Federacións de confrarías de Galicia do informe técnico das bases biolóxicas para plans de xestión plurianuais e dunha proposta inicial das cuestións a abordar na nova regulación, nunha reunión celebrada o día 25 de abril de 2019.

3º Presentación aos técnicos de confrarías e da administración das bases biolóxicas para plans de xestión plurianuais, información sobre a proposta de regulación e recollida de suxestións, en reunión celebrada o día 31 de maio de 2019.

4º. Consulta pública previa á elaboración de proxecto de decreto no portal de transparencia e bo goberno da Xunta de Galicia entre os días 7 e 22 de maio de 2019 sobre o Decreto por el que se regula el régimen de conservación y explotación de los recursos marisqueros.

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/consulta-publica-previa

5º. Celebración dunha xornada de marisqueo dirixida ao sector o día 11 de xuño de 2019 co obxectivo de informar e consultar mediante metodoloxía participativa para a incorporación de posibles suxestións, sobre a nova regulación da normativa de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, e á que foron invitadas 64 entidades asociativas do sector (60 confrarías de pescadores, 3 asociacións de mariscadoras e 1 cooperativa)

6º. Reunión na Federación Provincial de confrarías de Pontevedra o día 18 de xuño de 2019 coa asistencia de secretarios de confrarías, asistencias técnicas e patróns maiores, para informar da proposta de norma, intercambiar opinións e recoller posibles suxestións.

 

As actividades de marisqueo en Galicia están sometidas a plans de xestión que perseguen, como obxectivo económico, sustentar a actividade profesional das persoas que o exercen. Ademais, ao tratarse dunha actividade baseada na xestión de recursos naturais e no bo estado do medio natural, precisa dunha extremada calidade ambiental do entorno.

A xestión sostible dos recursos marisqueiros, enmarcase nos plans de xestión, nos que se desenvolven medidas que melloran a protección, conservación e sustentabilidade dos recursos. Ademais da xestión sostible, realízanse actividades complementarias que contribúen á conservación e recuperación de hábitats e da diversidade, para garantir a viabilidade económica, social e ambiental do sector.

O marisqueo, exercido a través dos plans de xestión, axústase a unha perspectiva sistémica axeitada na medida en que mellora a biodiversidade, fomenta o uso axeitado do territorio, pode contribuír a minorar ou adaptarse ao cambio climático, e se axusta ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). O marisqueo, a través dos plans de xestión, responde ao concepto de infraestrutura verde na medida en que favorece ou mantén os servizos ecosistémicos, aplica a restauración ecolóxica, e mellora a conectividade.

Os plans de xestión do marisqueo tamén axudan a encadrar esta actividade na Directiva marco sobre a estratexia mariña (DMEM). Dita Directiva establece un total de 11 descritores do estado ambiental nas augas mariñas, así como os indicadores que se deberán utilizar para avaliar a consecución do bo estado medioambiental da zona obxecto de estudo. Moitas das labores levadas a cabo polos técnicos das entidades asociativas do sector en relación cos plans de xestión, coinciden cos requirimentos da DMEM e achegan información que pode ser encadrada en moitos dos descritores establecidos.

No ano 2018 realizouse unha análise dos datos recompilados incluídos nos anexos FEMP subidos á FTP ata outubro de 2018; actualizáronse os indicadores da perspectiva ambiental relativos aos plans de explotación/xestión marisqueira e desenvolveuse unha nova versión dos modelos estándar de recompilación dos datos dos indicadores dos diferentes descritores da DMEM. O resultado na análise está dispoñible no seguinte documento de Harmonización dos datos recompilados e actualización dos indicadores da perspectiva ambiental relativos aos plans de explotación/xestión marisqueira de 2018.

Harmonización datos indicadores FEMP plans 2018

Dentro deste apartado atoparemos a información necesaria para elaboración e presentación das propostas de plans de xestión de recursos específicos para o ano 2019, así como o anexo relativo aos indicadores ambientais que debe acompañar aos anteditos plan presentados polas entidades.

Circular MA-01-2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan as instrucións para a presentación dos plans de xestión de recursos específicos para o ano 2019,

As solicitudes dos plans presentaranse a través do  procedemento PE410A, cuxo formulario normalizado (anexo VII da Orde do 30.12.2015) pode atoparse da SEDE electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal.

Xunto coa solicitude deberase achegar  o plan xestión cos anexosobrigatorios nun arquivo .pdf, así como os arquivos .txt ou .xlsque se xeren segundo proceda (ver a continuación).

Plans de Xestión Marisqueira. Modelo de plan de xestión de recursos específicos. Formularios e Anexos.

Os plans de xestión de recursos específicos deben cumprimentarse mediante algunha das dúas seguintes opcións:

  1. A través do Formulario web, accesible  en www.intecmar.gal/Sigremar/Pexmar_RecursosEspecificos

    Este documento debe incluir os seguintes anexos obrigatorios

    Se o plan se xera co formulario web, xunto coa solicitude deberá achegarse o arquivo do plan en formato.txt que se exporta dende a paxina web de creación do plan.

  2. A través do Formulario html, dispoñible a continuación:

    Léeme

    Modelo de plan de xestión de recursos específicos (formulario html)

    Anexo relativo aos indicadores ambientais que deberá cumprimentarse e anexarse aos plans de xestión.

Se o plan se xera co formulario html, xunto coa solicitude deberá achegarse o arquivo do plan en formato .xls.

Dentro deste apartado atoparemos a información necesaria a elaboración e presentación das propostas de plans de explotación para moluscos bivalvos en zonas de autorización e específicos para as zonas de libre marisqueo para o ano 2018:

Circular MA-02-2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se ditan as instruccións para as presentación dos plans de explotación para moluscos bivalvos en zonas de autorización e específicos para as zonas de libre marisqueo para o ano 2019.

As solicitudes dos plans presentaranse usando o procedemento PE403, cuxo formulario normalizado (anexo I da Orde de 22.12.2017, pola que se aproba o plan Xeral de Recursos marisqueiros para o 2018) e que pode pode atoparse da SEDE electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal.

Xunto coa solicitude deberase achegar o plan xestión cos anexos obrigatorios nun arquivo .pdf, así como os arquivos .txt ou .xls que se xeren segundo proceda (ver a continuación).


Plans de Explotación Marisqueira: Modelo de plan de explotación para moluscos bivalvos. Formulario e Anexos.

Os plans de explotación específicos deben cumprimentarse mediante algunha das dúas seguintes opcións:

  1. A través do Formulario web, accesible en:

    www.intecmar.gal/Sigremar/Pexmar_RecursosXerais

    Este documento debe incluir os seguintes anexos obrigatorios

    Se o plan se xera co formulario web, xunto coa solicitude deberá achegarse o arquivo do plan en formato .txt que se exporta dende a paxina web de creación do plan

  2. A través do Formulario html, dispoñible a continuación:

    Léeme

    Modelo de plan de explotación de marisqueo xeral que deberá cumprimentarse e acompañar á solicitude de plan (anexo I-PE403A da Orde do Orde do 23/12/2016)

    Anexo relativo aos indicadores ambientais que deberá cumprimentarse e anexarse aos plans de explotación.

    Se o plan se xera co formulario html, xunto coa solicitude deberá achegarse o arquivo do plan en formato .xls.

Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica dos plans de explotación e xestión marisqueira. Memoria e Anexos

A orde de 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13, do 21 de xaneiro de 2016) contempla que no caso da explotación de recursos específicos desde embarcación, terase en conta ter exercido unha actividade mínima na renovación das habilitacións e no mantemento do número de cotas de captura a que pode ter dereito cada embarcación. Con esta medida pretendíase evitar que se producira unha subexplotación dos recursos e promóver a incorporación de persoas ao sector.

A consellería realizou una análise do incremento do esforzo nos plans de xestión de recursos específicos nos anos 2015 e 2016 co obxecto de determinar se a implementación da orde de 30 de decembro de 2016 supuxo una variación significativa do esforzo extractivo aplicado sobre os recursos nos plans de xestión. Este informe analizouse na comisión sectorial de marisqueo e recursos específicos do Consello Galego de Pesca do 12 de xullo de 2017.

A continuación figura un resumo executivo do informe mencionado.