Usted está aquí

Xornadas de formación para a promoción de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) orientadas ao sector pesqueiro

Espazo adicado a consultar os contidos das actividades e xornadas promovidas para informar e asesorar sobre as posibilidades de axudas de diferentes medidas do FEMP entre potenciais beneficiarios do sector Pesqueiro.

  • Xornadas Técnicas de convocatorias axudas sector Pesqueiro no 2022
    • ORDE do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).
    • ORDE do 5 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria do ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de producción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H).
    • ORDE do 22 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime deconcorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).
    • ORDE do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementosautorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G).
  • Xornadas Técnicas de convocatorias axudas sector Pesqueiro no 2021
    • ORDE do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209G).
    • ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209N).
    • ORDE do 5 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles, tramitada como anticipado de gasto. (código de procedemento PE209B)
    • ORDE do 29 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros conproblemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto. (código de procedemento PE209H)

 

  • Xornada Técnica de convocatorias axudas sector Pesqueiro, 14.02.2020 na sede da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
    • Recollida de Residuos Mariños (Orde do 20 de decembro de 2019. DOG 05.02.20)
    • Mellora Eficiencia Enerxética dos Portos Pesqueiros, das Lonxas e dos Lugares de Desembarque (Orde do 23 de decembro de 2019. DOG 06.02.20)
    • Mellora de Produtividade dos Bancos Marisqueiros (Orde do 20 de decembro de 2019. DOG 05.02.20)
    • Innovación Frota (Orde do 13 de decembro de 2019. DOG 28.01.20)
    • Fomento Acuicultura (Orde do 1 de abril de 2019. DOG 22.04.19)