Novas

26/07/2021. A VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca celebrarase os días 27 e o 28 de setembro de xeito presencial e telemático

25/07/2021. Os bolseiros da UDC que se acollan a esta iniciativa no centro dependente da Consellería do Mar deberán realizar as actividades previstas no seu proxecto formativo e estarán relacionadas coas mostraxes de recursos mariños, coa identificación de toxinas mariñas e co cultivo de moluscos bivalvos, entre outros aspectos

24/07/2021. Un informe coordinado polo Centro de Investigacións Mariñas revela que a taxa de recrutamento na zona pasou dun exemplar xuvenil por cada reprodutor a valores superiores a seis xuvenís por cada exemplar adulto

23/07/2021. A conselleira do Mar destaca que o arquivo de fondos históricos dixital impulsado pola entidade, con máis de 1.600 expedientes recollidos en preto de 40.000 imaxes, facilitará a transmisión do patrimonio mariñeiro de xeración en xeración

23/07/2021. Rosa Quintana expuxo que a fábrica que se está a construír na Pobra do Caramiñal exemplifica ese pulo ao aforro enerxético, pois contará cun parque fotovoltaico que favorecerá unha maior sustentabilidade nos procesos