Unha das razóns de ser do CIMA é o asesoramento técnico-científico, tanto á Administración como aos sectores involucrados na xestión e explotación dos recursos mariños renovables.
O asesoramento realízase participando en comisións creadas para resolver problemas puntuais, asistindo a reunións que precisen de expertos, emitindo informes con datos e opinións baseadas en estudios científicos, ou atendendo a calquera outra demanda da Administración.