Nova
Villaverde afirma que a Festa do Percebe do Roncudo de Corme contribúe a valorización deste produto, recoñecido como un dos mellores do mundo
Ponteceso (A Coruña), 19 de xullo de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este sábado na XXXIII edición da Festa do Percebe do Roncudo de Corme, unha cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico Galego desde 2014 e aspirante a obter a mesma distinción a nivel nacional, e que, en palabras da responsable autonómica, contribúe á valorización deste produto que, pola súa alta calidade e sabor excepcional, está considerado un dos mellores do mundo.
As condicións mariñas da zona, con fortes ondas e rochas batidas polo mar, xunto ao traballo, esforzo e valentía dos profesionais que o recollen dun xeito total mente sustentable, fan posible que este marisco chegue ao consumidor nas mellores condicións, apuntou a conselleira. As lonxas galegas comercializaron en 2024 máis de 230 toneladas, acadando un valor no mercado próximo aos 9 millóns de euros.