Nova
A secretaria xeral técnica de Mar asiste á XII Festa do Percebe de Xove, apoiada pola Xunta de Galicia
Xove (Lugo), 19 de xullo de 2025
A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, asistiu este sábado á Festa do Percebe de Xove, que este ano chega á décimo segunda edición logo de ser recuperada en 2022 tras unha parada de dous anos pola pandemia. Organizada pola asociación de festexos A Medorra reparte cada ano máis de 1.500 racións, o que equivale a máis de 400 quilos deste prestixioso marisco.
O produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e de Ortegal. En 2024 as rulas destas comarcas comercializaron máis de 4.000 quilos, adquirindo un valor próximo aos 156.000 euros. Esta alta calidade ten que ver coas zonas nas que se crían de moita ondada, o que fai que adquiran un calibre máis groso e de menor lonxitude para manterse agarrados ás rochas, converténdoos nunha exquisitez. A xornada, que contou coa colaboración económica da Administración galega, deu comezo co pregón a cargo do presidente da Federación Nacional de ConfraríaS de Pescadores, Basilio Otero.