Nova

A Xunta enxalza a Festa do Berberecho e do Mexillón de Vilanova como escaparate para a promoción e o impulso da economía desta vila

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 10 de agosto do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez,  participaron este domingo na XXXI Festa do Berberecho e do Mexillón de Vilanova de Arousa, coa que colabora a Xunta de Galicia. No transcurso da cita gastronómica, na que os responsables autonómicos estiveron acompañados polo secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, Villaverde destacou que este tipo de eventos afondan na promoción e posta en valor dos produtos marítimo-pesqueiro, ao tempo que contribúen a incentivar a economía da vilas costeiras nas que se desenvolven.

O progresivo incremento da popularidade deste festexo levou a que esta celebración fose recoñecida en 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ao igual que en número de visitantes, a celebración foi tamén aumentando o seu programa ata chegar a case unha semana de intensa actividade na que se combinan diferente tipo de opcións lúdicas, pero sempre tendo a degustación gastronómica e a procesión marítima na honra da Virxe do Carme como denominador común.

Imaxes relacionadas