Nova

Unha delegación xaponesa vinculada á economía azul interésase pola xestión das políticas pesqueiras que aplica Galicia

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Santiago de Compostela, 17 de setembro do 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este mércores unha reunión de traballo cunha delegación de distintos axentes de Xapón vinculados á economía azul. O encontro prodúcese a petición destes últimos, co fin de coñecer as políticas pesqueiras que aplica Galicia e de poñer en común as potencialidades e desafíos dunha actividade económica considerada estratéxica para ambas as dúas rexións.

A cita serviu para estreitar lazos en prol da competitividade do sector pesqueiro, pois o país asiático está considerando un importante centro neurálxico do transporte marítimo a nivel global, o que ofrece unha excelente oportunidade de negocio para a industria marítima galega. Villaverde e a delegación xaponesa, ademais de intercambiar coñecemento sobre as prácticas marítimo-pesqueiras e acuícolas de ambas as dúas rexións, tamén  analizaron a relación comercial existente entre dito país e a comunidade autónoma, centrada fundamentalmente na exportación. Concretamente, esta acción comercial supuxo para Galicia en 2024 un volume de negocio de máis de 7 millóns de euros, máis do 75% con respecto ao 2023. 

Imaxes relacionadas