Nova

Preto do 80 % das confrarías de pescadores de Galicia revalidan no cargo ás súas patroas e patróns maiores
Hoxe foron proclamados definitivamente os representantes elixidos por 62 entidades do sector nas eleccións do pasado 29 de outubro
O seguinte paso é a toma de posesión dos seus cargos, que se formalizará este venres 25 de novembro
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022
Un total de 48 patroas e patróns maiores das confrarías galegas renovaron o seu cargo tralas terceiras eleccións unificadas nestas entidades, nas que o pasado 29 de outubro 62 delas votaron de xeito simultáneo para elixir aos seus representantes para os vindeiros catro anos. Mentres, nas 14 restantes cambia a persoa que vai encabezar a súa xestión na vindeira lexislatura.
Hoxe foron proclamados definitivamente os novos responsables desas 62 confrarías e o seguinte paso é a súa toma de posesión, que se producirá mañá. A duración do mandato tanto da patroa ou patrón maior como do resto de órganos da confraría -xunta xeral e cabido- será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración.
Unha vez tomen posesión as novas patroas e patróns maiores avánzase co proceso electoral unificado co obxectivo de renovar completamente os órganos reitores das confrarías de pescadores da comunidade e das súas federacións.
A resolución pola que se convocaron estas terceiras eleccións unificadas ás confrarías de pescadores de Galicia -publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de setembro- establece que os comicios se desenvolven en tres fases. En primeiro lugar realízanse as eleccións nas distintas confrarías de Galicia -fase que queda xa superada-, despois celébranse as votacións nas tres federacións provinciais -A Coruña, Lugo e Pontevedra- e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
Patroas e patróns maiores de Galicia:
CONFRARÍA DE PESCADORES | PATROA OU PATRÓN MAIOR |
LUGO | |
O Vicedo | Diego Pernas Lamelas* |
Ribadeo | Javier Martínez Otero* |
Burela | José Basilio Otero Rodríguez* |
San Cibrao | Javier Sánchez Fernández* |
Celeiro | Domingo Rey Seijas* |
Foz | José Juan Lestegas Iglesias* |
A CORUÑA | |
Sada | Alejandro Pérez Méndez* |
Mera | Francisco Manuel Sánchez Neira* |
Espasante | José Luis Martínez Rego* |
A Coruña | Javier Mariñas Losada |
Corcubión | Urbano Suárez Canosa* |
Fisterra | José Manuel Martínez Escarís* |
Lira | José Mariano Lago Louro* |
Ares | Javier Fuentes Torrente |
Muros | Manuel Daniel Formoso Moledo* |
Palmeira | Miguel Antonio Franco Parada* |
Cedeira | Ricardo Villar Martínez* |
Laxe | Luis Suena Amigo |
Caión | José Héctor Morgade Carracedo* |
Ribeira | José Antonio Pérez Sieira* |
Miño | José Antonio Anido Núñez* |
Malpica | Pedro Pérez Martelo* |
Portosín | José Isaac Gaciño Santos* |
Ferrol | Gustavo Chacartegui Pérez Castrillón |
Carreira-Aguiño | José Antonio Santamaría Sampedro* |
Barallobre | Jorge López Pena* |
Mugardos | Omar Enrique Lucci Muñoa |
Camariñas | Marcos Pasantes Alborés* |
Cabo de Cruz | Jesús Pérez Dieste |
Camelle | José Juan Bermúdez Tajes* |
A Pobra do Caramiñal | Enrique Maceiras Fernández* |
Bares-O Barqueiro | Antonio Gómez González* |
Lorbé | Antonio Manuel Sánchez Maceira |
Rianxo | Miguel Ángel Iglesias Romero* |
Muxía | Daniel Castro Fernández* |
Cariño | Juan Carlos Pardo Galo |
O Pindo | Fernando Manuel Siaba Espasandín* |
Noia | Santiago Cruz Martínez* |
Pontedeume | Santiago Salgado Amado* |
Porto do Son | Emilio Queiruga Santamaría* |
Corme | Juan Luis Novo Torrado |
PONTEVEDRA | |
Lourizán | Mª Carmen Vázquez Nores* |
Cangas | Franscico Javier Costa García* |
Marín | Enrique González López* |
Portonovo | Martín Domínguez Basdedios |
Vilaxoán | Joaquín Santos Pérez* |
Moaña | José Antonio Currás Costas* |
Vilanova | Rosalino Díaz Calo |
Vilaboa | Mª Carmen Cortegoso Gómez* |
Vigo | Iago Soto García* |
Raxó | Iago Tomé Blanco* |
Pontevedra | César Rodríguez Piñeiro* |
A Illa de Arousa | Juan José Rial Millán* |
Carril | José Luis Villanueva Vicente* |
Arcade | Gonzalo Reinoso Castellano* |
A Guarda | Rubén Adrover Álvarez |
Bueu | José Manuel Rosas Otero* |
Redondela | Xoel López Schwarz* |
Cambados | José Manuel Vilas Charlín |
Sanxenxo | Sauro Martínez Durán* |
O Grove | Mª Carmen Besada Meis |
Aldán | Juan Manuel Gregorio Vaqueiro* |