Vostede está aquí

Nova

A Xunta destaca o uso das ferramentas dixitais e a xestión do talento como chaves para que o sector conserveiro medre

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, participou hoxe na xornada A transformación dixital e a xestión do talento como pancas clave na competitividade empresarial

Vigo, 14 de marzo de 2019.- A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, participou hoxe na xornada A transformación dixital e a xestión do talento como pancas clave na competitividade empresarial, organizada pola asociación da industria conserveira Anfaco-Cecopesca, onde defendeu o emprego das ferramentas dixitais como un aspecto fundamental para a mellora do rendemento e da competitividade da industria transformadora de pescados e mariscos. Neste “escenario vertixinoso, con cambios constantes en todos os ámbitos”, destacou, tamén é determinante o papel das persoas, do factor humano, e da xestión do talento para poder acadar o éxito.

A representante da Consellería do Mar salientou ademais que a celebración de xornadas coma esta mostran que Anfaco-Cecopesca, a pesares de ter xa 115 anos de historia, conta cunha gran vitalidade, “o reflexo da vitalidade das empresas asociadas, punteiras e atentas aos avances para seguir sendo as primeiras, as cabezas que tiran nesta actividade tan competitiva”. Por este motivo, Mercedes Rodríguez animou á asociación a seguir “coa súa inxente actividade en beneficio dos seus asociados e para a mellora empresarial, algo que a caracterizou durante os seus 115 anos de vida e do que moi poucos poden presumir”.

Galeria de imaxes