Vostede está aquí

Nova

Rosa Quintana enxalza a excelencia e a calidade dos servizos do porto náutico de Portonovo

Portonovo (Pontevedra), 8 de agosto de 2019.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe a excelencia e a calidade dos servizos do porto náutico de Portonovo, polas que recibiu un ano máis as bandeiras Azul e Q de calidade, uns distintivos que certifican o seu traballo en favor da protección ambiental e da difusión de boas prácticas entre os usuarios e turistas así como o bo estado das súas instalacións. De feito, a titular de Mar salientou durante o izado destas bandeiras o labor realizado polo Club Náutico de Portonovo, que lle permitiu manter esa condición un ano máis e situarse entre os portos náuticos máis importantes de Galicia.

Rosa Quintana, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, tamén subliñou que estes recoñecementos mostran o compromiso de Galicia co turismo responsable e sustentable. Este feito reflíctese nas 107 Bandeiras Azuis e nas 21 Bandeiras Q de Calidade Turística coas que contan as praias galegas, o que converte a Galicia na segunda e na quinta comunidade de España, respectivamente, con maior número de distintivos. Tamén se reflicte nas 12 Bandeiras Azuis e 14 Bandeiras Q de Calidade Turística que este ano acadaron as instalacións portuarias galegas.

Galeria de imaxes