Vostede está aquí

Nova

A Consellería do Mar agradece a Francisco Javier Díez os seus 29 anos de labor como rescatador no Servizo de Gardacostas

Santiago, 19 de agosto de 2019.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, entregou hoxe unha placa conmemorativa e de agradecemento a Francisco Javier Díez Ponce polos seus 29 anos de traballo como rescatador do helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ao acto de homenaxe a este profesional do servizo galego de salvamento e rescate marítimo, que se xubilou recentemente, asistiu tamén o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.

A titular de Mar eloxiou a entrega e bo labor deste traballador, que desde a súa incorporación ao organismo dependente da Xunta en 1990 contribuíu a facer máis seguro o mar de Galicia. De feito, o seu traballo xa lle serviu para recibir outros recoñecementos ao longo da súa traxectoria profesional como as Ás de Ouro da European Rescue Swimmers Association (Eurorsa) ou o Pin de Ouro de Gardacostas. Nestes case 30 anos de traballo desde o nacemento do Servizo de Gardacostas de Galicia, Francisco Javier Díez participou en centos de operacións e rescates de todo tipo na costa galega.
 

Galeria de imaxes