Vostede está aquí

Nova

A Consellería de Mar e Emigración analizan os ámbitos de empregabilidade máis atractivos para os emigrantes retornados

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, en San Caetano, unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, co obxectivo de analizar os ámbitos de empregabilidade máis atractivos para os emigrantes retornados.

O obxectivo do encontro foi precisamente abrir liñas de colaboración entre ambos departamentos autonómicos co obxectivo de atraer aos galegos do exterior e ofrecerlles ámbitos laborais atractivos, de forma que tamén se beneficie o sector do mar, onde precisamente se está a apostar pola remuda xeracional e o mantemento de diversos postos de traballo tradicionais, xa sexa no marisqueo, no sector conserveiro ou no propio labor da captura.