Vostede está aquí

Nova

A Xunta ve no premio de Carrefour a Connorsa como mellor peme agroalimentaria de Galicia en 2020 un recoñecemento ao bo facer da conserva galega

A Coruña, 18 de xuño de 2021.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe no Centro Comercial Carrefour de Alfonso Molina á entrega do Premio á Mellor Peme Agroalimentaria e á Transición Alimentaria que o grupo de distribución alimentaria vén de conceder á empresa Conservas del Noroeste SA (Connorsa). O galardón dos Premios Carrefour 2020 Peme Galicia supón recoñecer, entre outros, o seu papel no mercado -posto que os gañadores son elixidos polos propios clientes dos hipermercados-, o traballo que realizan os seus provedores e o bo facer do conxunto do sector transformador da comunidade.

Connorsa, creada en 1985 en Vilaboa (Pontevedra), foi ademais un exemplo durante a alerta sanitaria polo coronavirus pois doou alimentos non perecedoiros e material sanitario para cubrir as necesidades dos máis vulnerables e daqueles que estiveron en primeira liña na loita contra a pandemia. Ao mesmo tempo foi un elo máis da cadea mar-industria, que desenvolveu o seu papel esencial para garantir o abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía. O Premio Carrefour 2020 Peme Galicia tamén recoñeceu á granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda (situada no concello coruñés de Mesía) como a empresa máis innovadora polo seu compromiso co medio ambiente e o seu traballo constante na busca de novos e mellores produtos.
 

Galeria de imaxes