Vostede está aquí

Nova

A Xunta reforza o pavimento da terraza exterior da lonxa de Ribeira
  • Portos de Galicia investiu 50.000 euros na instalación de material tecnolóxico e ecolóxico, máis duradeiro nunha contorna marítima

  • Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, completou as obras de reforzo do pavimento da terraza exterior da nova lonxa de Ribeira. Os traballos supoñen unha mellora do estado do inmoble que está aberto ao público en xeral.
    O organismo dependente da Xunta investiu 50.000 euros nesta actuación, que se atopa xa rematada. Os traballos supuxeron a substitución do anterior pavimento desta zona do edificio, que presentaba deficiencias derivadas do desgaste polas inclemencias meteorolóxicas e a proximidade da auga salgada.
    Portos de Galicia instalou no chan da terraza da lonxa madeira tecnolóxica en substitución do material existente ata agora. Trátase dunha opción ecolóxica, reforzada e máis duradeira, especialmente nunha contorna marítima como é o caso.