Vostede está aquí

Nova

A Xunta realiza melloras nas infraestruturas pesqueiras da Illa de Arousa
  • Portos de Galicia vén de rematar as obras de instalación de novos elementos para o amarre en pantaláns e ramplas e reparou o pavimento da punta do peirao do Xufre

  • Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, realizou diversas melloras nas infraestruturas destinadas ao sector pesqueiro nos peiraos da Illa de Arousa. O ente público investiu en total máis de 25.000 euros en dúas actuacións no porto do Xufre e noutra no Campo.

    Portos de Galicia rematou no peirao do Xufre a instalación de novos elementos para o amarre nos pantaláns en ramplas nas que desenvolven a súa actividades as embarcacións pesqueiras e mexilloeiras. Os traballos supuxeron a substitución de 20 cornamusas e a instalación de 126 novas unidades para facilitar o amarre. Ademais reparouse o pavimento de formigón na punta do peirao eliminando os desniveis que presentaba.

    No porto do Campo, no que se desenvolve tamén actividade pesqueira, instaláronse 10 argolas para facilitar o amarre na rampla e retiráronse as existentes, que foron trasladadas a un punto de xestión autorizado. Ademais renovouse o alumeado na rampla deste peirao.