Acuicultura e mergullo son as dúas formacións que se imparten no IGAFA. A súa situación na Illa de Arousa, zona galega de maior establecemento de cultivos mariños, as súas excelentes instalacións e a colaboración con diversas empresas fan do IGAFA un centro de referencia de formación en materia de acuicultura.
Infraestrutura
- 11 Aulas para impartir as clases teóricas
- Biblioteca
- Salón de actos
- Máis de 1.200 m2 para a realización de prácticas e a experimentación en acuicultura.
- Laboratorios,
- para acondicionamento dos reproductores
- incubación
- cultivo larvario
- alimentación larvaria
- e preengorde
- catro dotados con material óptico
- Criadoiros específicos
- Dúas gaiolas
- engorde de peixes
- crustáceos
- Parque flotante para cultivo de moluscos.
- Ademais, a escola dispón dun areal cedido pola Confraría de Pescadores da zona no que se sitúa un parque intermareal.
- Para o mergullo, a escola conta cos medios e equipamento máis avanzado para garantir a seguridade nas inmersións.
- Piscina interior
- Foxo-piscina exterior
- Cámar hiperbárica
- Estación de carga de gases
- Campo de prácticas no mar etc...
Datos de contacto
Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)
Rúa Niño do Corvo, s/n
36626 A Illa de Arousa-Pontevedra
Tlf 886 159 304
Fax 886 159 320
Email igafa@xunta.es
Normativa dos ciclos formativos
DECRETO 197/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en CultivosAcuícolas (2.5 Mb)
DECRETO 198/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Operacións
Subacuáticas e Hiperbáricas (900 Kb)
DECRETO 199/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo dociclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Acuicultura (2.8 Mb)
Calendario de probas libres para obter o título de técnico en Acuicultura ano 2020
Formación non regrada
IGAFA. Oferta Formativa. Curso 2020-2021 - 01/12/2020