O novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) financiará proxectos de aplicación da nova reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e prestará apoio financeiro aos pescadores, acuicultores e poboacións costeiras para a súa adaptación ás novas normas. Ademais terá en conta proxectos destinados a fomentar o “crecemento azul” e a creación de postos de traballo, ao amparo da política marítima integrada da UE. Este apoio faise extensible tamén a xestión, recuperación e seguimento de zonas mariñas protexidas, paraxes de Natura 2000 e nos hábitats costeiros de especial interese para a cría de organismos mariños.
A consellería do Mar dispón das seguintes liñas de axuda para proxectos colectivos, que poden consultarse na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos):
A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio del FEMP asume como un dos principais obxectivos cara o período 2014-2020 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma
Declaración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia antifraude
O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UU poda poñer os feitos en coñecemento do SNCA.
A información que se remita ao SNCA a través do medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitira a información.
Ase mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuación que correspondan en relación cos mesmos.
A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar ase mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección posta, a través do cal o SNCA poda comunicarse con dita persoa.
Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.
O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:
http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Ase mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:
Servicio Nacional de Coordinación Antifraude
Intervención General de la Administración del Estado
Ministerio de Hacienda y Función Pública
Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.
1. Restauración dos ecosistemas mariños (procedemento PE209B)
Orde de Bases reguladoras xerais: Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de co-xestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños ou que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro que o requiran.
Orde de convocatoria para o ano 2022: para esta convocatoria de 2022 o prazo de solicitudes é ata o 28 de febreiro de 2022.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas.
- MODELO A: Memoria do proxecto (PE209B)
- MODELO B: Avaliación parcial-final (PE209B)
- Análise de viabilidade económico financieira
- Folla autoevaluativa de poder adxudicador
A consellería do Mar elaborou una "Guía para a avaliación da perspectiva sistémica dos proxectos colectivos, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, cofinanciados polo FEMP" cuxo obxecto é orientar á avaliación dos proxectos candidatos por medio de criterios orientados á análise da perspectiva sistémica dos mesmo. Os proxectos terán unha perspectiva sistémica se melloran a biodiversidade, fomentan o uso axeitado do territorio, contribúen a minorar as causas do cambio climático e se axustan ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). Os proxectos responderán ao concepto de infraestrutura verde na medida en que apliquen a restauración ecolóxica, melloren a conectividade e favorezan ou manteñan os servizos ecosistémicos.
A Guía está constituída por unha memoria e un arquivo de estandarización en formato excel que pretende homoxeneizar o proceso de avaliación dos proxectos colectivos polo persoal da Consellería do Mar.
Por tanto OS SOLICITANTES NON TEÑEN QUE ENVIAR ESTA GUÍA COA SÚA SOLICITUDE (para eles só ten efectos informativos).
- Guía de avaliación proxectos colectivos PE209B
- Guía de avaliación perspectiva sistémica proxectos colectivos PE209B
Xornadas de difusión de resultados dos proxectos colectivos de Conservación e Restauración da Biodiversidade e dos Ecosistemas Mariños cofinanciados polo FEMP
A Consellería do Mar realizou unha xornada formativa na EGAP en Santiago de Compostela o 9 e 13 de marzo de 2018 coa finalidade de abordar a “Prespectiva sistemática nos proxectos de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños nas actividades marisqueiras”. A presentación realizada nas xornadas, é a seguinte:
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209B:
Resolucións deste procedemento:
2. Xestión e conservación dos recursos mariños (procedemento PE209C)
Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, ao fomento da sensibilización medioambiental.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector marisqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, ao fomento da sensibilización medioambiental.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou a seguinte guía do solicitante e uns modelos de memorias e informes que facilitan o traballo de presentación e xustificación documental das entidades solicitantes.
Guia do solicitante (3.4 Mb)
ANEXO A: Documentación presentada coa solicitude (69 Kb)
ANEXO B: Memoria do proxecto (298 Kb)
ANEXO C: Plan de seguimento (94 Kb)
ANEXO D: Informe de avaliación (88 Kb)
ANEXO E: Documentación conta xustificativa (70 Kb)
ANEXO F: Descriptores Estratexia Marina (91 Kb)
Orzamento e importe da subvención solicitada (Memoria financieira) (75 Kb)
Análise de viabilidade económico financieira (73 Kb)
Modelo G (237Kb)
Modelo R (96Kb)
Presentación (850Kb)
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209C:
Resolucións deste procedemento
Acta da sesión da comisión de avaliación para a concesión de axudas (438 Kb)
3. Mellora da produtividade dos bancos marisqueiros (procedemento PE209H)
Orde de Bases reguladoras xerais: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños(código do procedemento PE209H).
Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de co-xestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, proxectos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas.
Modelo P: Memoria proxecto colectivo (PE209H)
Modelo M. Xustificación técnica
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209H:
Resolucións deste procedemento
4. Proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade. Recollida de residuos mariños (procedemento PE209F)
Esta orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2019, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector produtor da pesca.
Que tipos de accións se poderán subvencionar?
As actuacións incidirán na redución do lixo mariño facilitando que contribúan a protexer o seu medio de traballo e promover o papel fundamental das persoas pescadoras e mariscadoras como gardiáns do mar, podendo proporcionar coñecemento sobre o tipo, cantidades e distribución do lixo mariño. Poderán subvencionarse os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto protexer e recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sostibles mediante a recollida de residuos mariños sempre coa participación do sector produtor da pesca.
Cales poden ser as liñas de actuación?
a) Accións para reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras e mariscadoras a pé, na súa recollida no mar ou no intermareal.
b) Accións para mellorar a concienciación ambiental, a formación e a colaboración entre os actores marítimo-pesqueiros.
c) Accións en terra para a o almacenamento, manexo, clasificación, caracterización, tratamento e reciclaxe de lixo mariño recollido, incluídas as artes de pesca perdidas.
d) Accións para a xestión de residuos mariños.
Quen poderá ser beneficiario das subvencións?
a) As confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras, que teñan o ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente coas entidades do sector da pesca mencionadas na letra anterior.
c) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro recoñecidos pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable da zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
Cal é o prazo para solicitalas?
O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Convocatoria 2020:
Acta da comisión de valoración de proxectos e anexos
Convocatoria 2021:
Acta da comisión de valoración de proxectos e anexos
Acta de sesión extraordinaria da comisión de valoración de proxectos e anexos
Convocatoria 2022:
Acta da comisión de valoración de proxectos e anexos
Acta de sesión extraordinaria da comisión de valoración de proxectos e anexos
Documentos de presentación:
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas así como unha folla de cálculo que permite realizar a autoavaliación da viabilidade económico-financeira da entidade solicitante.
- Memoria de solicitude 2022
- Modelo de declaración responsable sobre a condición de poder adxudicador de acordo coa Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Nova Ferramenta de autoavaliación da condición de poder adxudicador
- Folla de cálculo para a autoavaliación da viabilidade
- Orzamentos e relación de participantes
- Cadro informativo de formularios de rexistro de datos
- Orientacións para a recollida activa: Zonas potenciais de acumulación
Formularios de rexistro datos:
- Formulario rexistro datos 1a
- Formulario rexistro datos 1b
- Formulario rexistro datos 1c
- Formulario rexistro datos 1d
- Formulario rexistro datos 2a
- Formulario rexistro datos 2b
- Formulario rexistro datos 2c
- Formulario rexistro datos 2d
- Formulario rexistro datos 2e
- Formulario rexistro datos 2f
- Formulario rexistro datos 3a
- Formulario rexistro datos 3b
Fase de xustificación do proxecto:
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209F:
5. Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas (procedemento PE209D)
Galicia conta cun amplo número de portos pesqueiros e ancoradoiros distribuídos ao longo do seu litoral que conforman un sistema portuario pesqueiro, diverso e complexo, que presta servizo a unha flota heteroxénea en tamaño e actividades e a un amplo grupo de usuarios plural tanto nas súas actividades coma nos seus intereses e que se insire no territorio tanto espacial como socialmente.
Os portos debe permitir a realización con criterios de ergonomía e seguridade, das actividades precisas para as operacións de pesca e para a primeira venda dos produtos pesqueiros. Así, o Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia inclúe intervencións precisas para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos ás embarcacións, pescadores/as e mariscadores/as, co fin de mellorar as condicións de traballo e garantir as necesarias condicións de seguridade das persoas e os buques, garantindo a calidade sanitaria e organoléptica co obxectivo de avanzar no logro dunha actividade pesqueira máis sustentable e economicamente rendible.
Os proxectos subvencionados nesta orde financiarán ás organizacións colectivas (confrarías de pescadores) para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1, ao logro do obxectivo específico 1.d) de fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e de mellora das condicións de seguridade e traballo.
Poderán ser beneficiarias as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.
Poderán ser obxecto de subvención, os proxectos colectivos que se desenvolvan en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñan algún dos seguintes obxectos: mellorar a calidade dos produtos da pesca, incrementar o control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca, a eficiencia enerxética nas lonxas, ou mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos pescadores/as.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias que facilitan o traballo de presentación das entidades solicitantes:
Análise de viabilidade económica financeira (67 Kb)
Anexo A. Memoria proxecto (PE209D) (512 Kb)
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209D:
Resolucións deste procedemento
6. Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas. Infraestrutura das lonxas. Mellora eficiencia enerxética (procedemento PE209E)
Nas lonxas dos portos pesqueiros o custe enerxético é significativo, e o prezo da enerxía e a súa contribución ao quentamento global determinan que o aforro enerxético e a mellora da eficiencia, se definan como criterios básicos de actuacións a promover. O cambio dos sistemas de alumado interior nas lonxas baseados na tecnoloxía led é unha medida de aforro enerxético coa que poden diminuír os custes económicos, e que tamén contribúe a redución da pegada de carbono.
Os proxectos subvencionados nesta orde financiarán ás organizacións colectivas (confrarías de pescadores) para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1 do FEMP, ao logro do obxectivo específico 1.d) de fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e de mellora das condicións de seguridade e traballo.
Os proxectos contribuirán á mellora da infraestrutura nas lonxas pesqueiras ao abeiro do artigo 43.1 do FEMP e tería como obxecto a mellora da eficiencia enerxética.
Poderán ser beneficiarias as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.
Poderán ser obxecto de subvención, os proxectos colectivos que se desenvolvan nos edificios das lonxas pesqueiras e teñan como obxecto mellorar a eficiencia enerxética no alumeado interior mediante a modernización dos sistemas de iluminación por tecnoloxía led, e a modernización ou incorporación de sistemas de control de acendido, e de sistemas de regulación do nivel de iluminación.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou o modelo de memoria de proxecto para a presentación polas entidades solicitantes:
Memoria do proxecto colectivo (730 Kb)
Modelo do informe técnico competente (25 Kb)
Análise de viabilidade económico financeira (25 Kb)
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209E:
ORDE do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209E).
Publicada no D.O.G. Nº 152 de 12 de agosto de 2019
Resolucións deste procedemento
Publicada no DOG Nº 33 de 18 de febreiro de 2020
7. Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas. Modernización das Infraestruturas para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade dos produtos desembarcados da pesca (procedemento PE209G)
Os proxectos subvencionados nesta orde financiarán ás organizacións colectivas (confrarías de pescadores) para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1, ao logro do obxectivo específico 1.d) de fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e de mellora das condicións de seguridade e traballo.
Os proxectos contribuirán á modernización da infraestrutura nos portos pesqueiros, lugares de desembarque e nas lonxas pesqueiras ao abeiro do artigo 43.1 do FEMP e tería como obxecto a mellora da eficiencia enerxética, a mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras e a mellora da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias dos proxectos para a presentación polas entidades solicitantes:
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209G:
Publicada no D.O.G. Nº 25 de 6 de febreiro de 2020
Resolucións deste procedemento
Publicada no DOG nº 230 de 13 de novembro de 2020
8. Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas. Modernización das Infraestruturas para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade dos produtos desembarcados da pesca (procedemento PE209N)
Os proxectos subvencionados nesta orde financiarán ás organizacións colectivas (confrarías de pescadores) para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1, ao logro do obxectivo específico 1.d) de fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e de mellora das condicións de seguridade e traballo.
Os proxectos contribuirán á modernización da infraestrutura nos portos pesqueiros, lugares de desembarque e nas lonxas pesqueiras ao abeiro do artigo 43.1 do FEMP e tería como obxecto a mellora da eficiencia enerxética, a protección do medio ambiente, a mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras e a mellora da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias dos proxectos, informes e certificados para a súa presentación polas entidades solicitantes:
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209N:
Publicado no DOG nº 27 de 10 de febreiro de 2021
Resolucións deste procedemento
Publicada no DOG nº 233 de 3 de decembro de 2021
9. Portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas. Cumprimento da obriga de desembarque das capturas e incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas (procedemento PE209J)
Os proxectos subvencionados nesta orde financiarán ás organizacións colectivas sen ánimo de lucro para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1, ao logro do obxectivo específico 1.a) de redución do impacto da pesca no medio mariño incluída a prevención e a redución, na medida do posible, das capturas non desexadas.
Os proxectos estarán destinados a investimentos nos portos pesqueiros, lugares de desembarque e nas lonxas pesqueiras ao abeiro do artigo 43.2 do FEMP e tería como obxecto o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores da pesca e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por pescadores que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou un modelo de memoria do proxecto e unha folla de cálculo que permite realizar a autoavaliación da viabilidade económico-financeira para a súa presentación polas entidades solicitantes:
Análise de viabilidade económico financeira
ORDE do 18 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos destinados a investimentos en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque que faciliten o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209J).
10. Portos pesqueiros, lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e lugares de desembarque. Modernización das infraestruturas para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade dos produtos desembarcados da pesca (procedemento PE209G)
Os proxectos subvencionados nestas ordes financiarán a organizacións colectivas se ánimo de lucro para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución da prioridade 1, ao logro do obxectivo específico 1.d) de fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e de mellora das condicións de seguridade e traballo.
Os proxectos contribuirán á modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque ao abeiro do artigo 43.1 do FEMP e tería como obxecto a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, a mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras e a mellora da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé, as asociacións profesionais de redeiras, as confrarías de pescadores e a partir do 2022 as Administracións Públicas con competencias en portos, que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na mesma.
Análisis de viabilidade económico-financeira
Folla autoevaluativa de poder adxudicador
CONVOCATORIA 2021
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209G
Publicada no DOG Núm. 153 de 11 de agosto de 2021
Resolucións deste procedemento
Publicada no DOG Núm. 35 de 21 de febreiro de 2022
CONVOCATORIA 2022
Memoria eficiencia enerxética - LEDS
Modelo de informe técnico - Iluminación interior
Memoria eficiencia enerxética - Instalacións de frío
Modelo de informe técnico - Sistemas de frío
Memoria protección do medio ambiente - Instalacións fotovoltaicas
Modelo de informe técnico - Instalacións fotovoltaicas
Memoria protección do medio ambiente - Enerxía térmica
Memoria informe técnico - Enerxía térmica
Memoria protección do medio ambiente - Contenedores de lixo
Memoria mellora da seguridade e das condicións de traballo
Memoria mellora da seguridade pola COVID-19
Memoria mellora da calidade dos produtos
Memoria obras de modernización
Modelo de certificado de execución do instalador
Modelo de memoria de execución
Bases reguladoras e convocatorias deste procedemento PE209G
Publicada no DOG Núm. 20 de 31 de xaneiro de 2022