Funcións e estrutura

Funcións

A Consellería do Mar é o órgano da Administración galega encargado da ordenación e o fomento do sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola e de transformación dos produtos do mar no ámbito de Galicia.

As súas principais actuacións abranguen:

  • Investigación e asistencia técnica ao sector.
  • Elaboración e aplicación de plans de mantemento e mellora do litoral e dos recursos pesqueiros.
  • Renovación, expedición e control das titulacións profesionais pesqueiras, náutico-deportivas e de mergullo.
  • Salvamento marítimo e loita contra a contaminación.
  • Planificación e actuacións portuarias.