Orde cursos de formación (PE 610A). Convocatoria 2021/2022

Declaración antifraude

DECLARACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO EN MATERIA ANTIFRAUDE

O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UE poda poñer os feitos en coñecemento do SNCA.

A información que se remita ao SNCA a través do medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitira a información.

Ase mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuación que correspondan en relación cos mesmos.
A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar así mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección posta, a través do cal o SNCA poda comunicarse con dita persoa.

Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.

O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:

http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Así mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:

Servicio Nacional de Coordinación Antifraude
Intervención General de la Administración del Estado
Ministerio de Hacienda y Función Pública
Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.

 

ORDE DE AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS (procedemento PE610A)

Orde de 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca ( FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Estas axudas pretenden mellorar tanto a formación específica do sector así como unha formación integral e complementaria coa adquisición de competencias que axuden a mellorar os perfís profesionais que redunden nunha mellora da competitividade da xente do sector. Así mesmo preténdese contribuír positivamente ao relevo xeracional que está a precisar o sector dando resposta a esta necesidade coa formación de novos profesionais que se incorporen ás actividades marítimo-pesqueiras.

A axuda contribuirá ao logro do obxectivo específico OE1.f de desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente prevista no artigo 29 do título V capítulo I do citado Regulamento (UE) nº 508/2014, dentro da prioridade 1 ( Fomentar unha pesca sustentable dende un punto de vista ambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento ) do programa operativo para España do FEMP para o período 2014-2020, aprobado por decisión de execución da Comisión C(2015) 8118 final do 13.11.2015, cunha porcentaxe de cofinanciamento de fondos FEMP do 75%.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención os proxectos e accións formativas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á formación profesional, adquisición de novas competencias profesionais e formación permanente do sector pesqueiro.

Orde de convocatoria: para esta convocatoria o prazo de solicitudes é ata o 15 de decembro de 2021.

Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas:

Modelo A: proxecto formativo.

Modelo B: documento de valoración.

Modelo C: ficha actividade.

Modelo D: rexistro de asistencia.

Modelo E: informe técnico.

Enquisa alumnado.

Folla autoevaluativa de poder adxudicador.

ORDE DE FORMACIÓN

ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Protección de datos de alumnos.

Protección de datos de entidades.

RESOLUCIÓN de 24 de febrero de 2022, de la Dirección General de Desarrollo Pesquero, por la que se da publicidad de las ayudas concedidas al amparo de la Orden de 9 de noviembre de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras generales y se convocan para el año 2021, en régimen de concurrencia competitiva, ayudas para acciones formativas, financiadas por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), que contribuyan al desarrollo de la formación profesional, de las nuevas competencias profesionales y de la formación permanente del sector pesquero (código de procedimiento PE610A).