As organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (OPP), as asociacións de organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (AOP) e as organizacións interprofesionais (OIP) constitúen as organizacións profesionais do sector pesqueiro. Están definidas na Organización Común de Mercados (OCM) como o sector da economía que comprende todas as actividades de produción, transformación e comercialización dos produtos da pesca ou da acuicultura.
O marco xurídico no que se fundamenta a política europea neste sector está conformado pola Política Pesqueira Común (PPC). Esta lexislación conforma os pilares principais nos que se sustenta a Política Pesqueira Común para alcanzar os seus obxectivos.
- PE211A - Presentación de plans de produción e comercialización e informes anuais.
-
O obxecto da presente resolución é establecer o procedemento co código PE211A para a presentación da documentación requirida na tramitación e aprobación de plans de produción e comercialización e informes anuais das…
- PE155C - Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
-
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións...
- PE155D - Axudas destinadas á creación e reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
-
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á seguinte acción:
Creación ou reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, recoñecidas no ámbito autonómico galego... - PE301A - Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
-
A presente resolución ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, a tramitación do procedemento de recoñecemento como organizacións de produtores pesqueiros (OPP), así como, establecer o formulario de presentación de solicitude para este procedemento.
- PE301B - Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
-
A presente resolución ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, a tramitación do procedemento de retirada do recoñecemento como OPP, así como, establecer o formulario de presentación de solicitude para este procedemento.