Grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

O desenvolvemento local participativo nas zonas pesqueiras está gobernado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e lévase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas e baseadas nas zonas.

As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.

Pode acceder a convocatoria de axudas 2024 premendo sobre o seguinte texto:

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A)