CETMAR

O Centro Tecnolóxico do Mar é unha fundación de interese galego que nace no ano 2001 a iniciativa da Consellería do Mar e a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación.

O obxectivo fundamental do Centro é impulsar a cooperación entre institucións, centros de investigación e sector marítimo-pesqueiro, así como fomentar a implicación dos sectores dependentes do mar en actividades de I+D+i e favorecer a eficiencia de todas as actividades relacionadas co uso e explotación do medio mariño.

As accións do CETMAR esténdense ao ámbito nacional, europeo e internacional, sendo beneficiarios da súa actividade todos os sectores públicos e privados relacionados co mar e os seus recursos, e o medio mariño en xeral.

Proxectos piloto

Informe científico técnico de seguimento do proxecto: DISCOPAL. Diseño, construción y verificación de un sistema automático de palangre alternativo adaptado a las necesidades de la flota artesanal gallega (3 Mb)