O novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) dirixe o financiamento do orzamento da Unión a axudas para a Política Pesqueira Común (PPC), a política marítima da Unión e os compromisos internacionais da Unión no ámbito da gobernanza dos océanos. Este financiamento constitúe un instrumento fundamental para a pesca sustentable e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, para a seguridade alimentaria mediante a subministración de produtos de peixe e marisco, para o crecemento dunha economía azul sustentable e para uns mares e océanos sans, protexidos, seguros, limpos e xestionados de maneira sustentable.
A consellería do Mar dispón das seguintes liñas de axuda para proxectos colectivos, que poden consultarse na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos).
A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio do FEMPA asume como un dos principais obxectivos cara o período 2021-2027 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma.
Declaración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia antifraude.
O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido un canal específico para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UE poida poñer os feitos en coñecemento do SNCA.
A información que se remita ao SNCA a través dos medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participaran nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitida a información.
Así mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuacións que correspondan en relación cos mesmos.
A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar así mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección postal, a través do cal o SNCA poida comunicarse con dita persoa.
Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.
O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:
http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Así mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:
Servicio Nacional de Coordinación Antifraude.
Intervención General de la Administración del Estado.
Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.
- 1. Axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros de Galicia, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros (procedemento PE209G)
-
Os proxectos subvencionados nestas ordes financiarán a organizacións colectivas sen ánimo de lucro para desenvolver medidas de interese colectivo, que contribúan á consecución do obxectivo específico 1.1 do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) de reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles dentro da prioridade 1 da Unión Europea (UE) relativa a fomentar unha pesca sostible e á recuperación e conservación dos recursos biolóxico acuáticos.
Os proxectos contribuirán á mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque ao abeiro do programa para España do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para o período 2021-2027 e terían como obxecto a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras, da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, as organizacións de produtores, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na mesma.
Análisis de viabilidade económico financeira
Folla autoevaluativa de poder adxudicadorCONVOCATORIA 2023
- Memorias, informes e certificados
-
Memoria eficiencia enerxética - LEDS
Modelo de informe técnico - Iluminación LED
Memoria eficiencia enerxética - Instalacións de frío
Modelo de informe técnico - Sistemas de frío
Memoria protección do medio ambiente - Instalacións fotovoltaicas
Modelo de informe técnico - Electricidade renovable
Memoria protección do medio ambiente - Enerxía térmica
Memoria informe técnico - Enerxía térmica
Memoria protección do medio ambiente - Contenedores de lixo
Memoria mellora da seguridade e das condicións de traballo
Memoria mellora da calidade dos produtos
Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209G
CONVOCATORIA 2024
- Memorias, informes e certificados 2024

CONVOCATORIA 2025
- Memorias, informes e certificados 2025
-
Memoria eficiencia enerxética - LEDS
Memoria eficiencia enerxética - Instalacións de frío
Memoria protección do medio ambiente - Instalacións fotovoltaicas
Memoria protección do medio ambiente - Enerxía térmica
Memoria protección do medio ambiente - Contenedores de lixo
Memoria mellora da seguridade e das condicións de traballo
Memoria mellora da calidade dos produtos
Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209G
CONVOCATORIA 2026

Informe sistemas térmicos 2026
Memoria protección do medio ambiente - Contenedores de lixo
Memoria mellora da seguridade e das condicións de traballo
Memoria mellora da calidade dos produtos
Memoria obras de modernización
Modelo de memoria de execución
Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209G
- 2. Proxectos colectivos, que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medio ambientalmente sostible (procedemento PE209P-2024)
-
Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medio ambientalmente sostible.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xurídicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro, entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector marisqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto á protección e recuperación dos recursos biolóxico-acuáticos a través dunha xestión sostible dos recursos pesqueiros e a recuperación e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, á consecución dos obxectivos medioambientais e de mitigación do cambio climático.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos de memorias e informes que facilitan o traballo de presentación e xustificación documental das entidades solicitantes.
Para a presentación da solicitude:
- Cálculo do orzamento (Apartado 10.1 do modelo A)
- Acreditación viabilidade económico-financeira (Apartado 10.6 do Modelo A)
MODELO B: Descriptores Estratexia Mariña
Folla autoevaluativa de poder adxudicador
Para a xustificación e pagamento da axuda:
MODELO C: Plan de seguimento
MODELO D: Informe técnico final
MODELO E: conta xustificativa
MODELO G: Xornada informativa
MODELO R: Rexistro horarioBases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209P
- 3. Restauración dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades pesqueiras sustentables ( procedemento PE209B)
-
1.-Poderán ser beneficiarias das axudas as confrarías de pescadores e federacións destas, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro e as entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas.
2.-Para a tramitación destas axudas, a Consellería do MAR elaborou uns modelos que facilitan as entidades solicitantes o traballo de presentación da solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas.
Para a presentación da solicitude (convocatoria 2024):
- Folla autoevaluativa de poder adxudicador
- Acreditación de viabilidade económica (Apartado 5.5.2 do Modelo A)
Avaliación perspectiva sistémica
Para a xustificación e pagamento da axuda:
MODELO B: Avaliación final (PE209B)
Bases reguladoras e convocatoria deste procedemento PE209B
Convocatoria 2024:
Convocatoria 2025:
Para a presentación da solicitude (convocatoria 2025):
Folla autoevaluativa de poder adxudicador
Acreditación de viabilidade económica (Apartado 5.5.2 do Modelo A)
Avaliación perspectiva sistémica
Para a xustificación e pagamento da axuda:
MODELO B: Avaliación final (PE209B)
Información e Comunicación 2021-2027
Convocatoria 2026:
Para a presentación da solicitude (convocatoria 2026):
Modelo A: Memoria do proxecto (PE209B)
Folla autoevaluativa de poder adxudicador
Acreditación de viabilidade económica (Apartado 5.5.2 do Modelo A)
Avaliación perspectiva sistémica
Para a xustificación e pagamento da axuda:
MODELO B: Avaliación final (PE209B)
Información e Comunicación 2021-2027
- 4. Axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). (Procedemento PE209F)
-
Os proxectos subvencionables terán como obxecto a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias.
Poderán ser persoas beneficiarias as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras. As entidades serán sen ánimo de lucro, e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cando as actividades de recollida de residuos e de arribazóns de algas que podan afectar aos bancos marisqueiros sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, só poderán ser beneficiarios das subvencións as entidades de interese colectivo do sector que sexan titulares do plan de xestión.
CONVOCATORIA 2024
Acta da comisión de valoración de proxectos
Presentacións da xornada informativa de 16.09.2024
Presentación convocatoria
Presentación informe técnicoCONVOCATORIA 2026
Documentos da xustificación:
Cadro informativo de rexistro de datos
Informe técnico para a avaliación das acciónsDocumentos da solicitude:
Memoria e orzamento
Orzamentos e relación de participantes
Modelo informe tecnico de residuos (a pé)
Modelo informe tecnico de residuos (embarcación)
Folla de cálculo para a análise de viabilidade económico financeira
Folla autoevaluativa da condición de Poder AdxudicadorDías de actividade extractiva trienio 2022-2024 número máximo de días de recollida con compensacións (artigo 10.1.b da orde):
Días de actividade extractiva (Algas)
Días de actividade extractiva (Residuos)
Corrección erros (Residuos)Formularios de rexistro de actividade:
Formulario 1a - Lixo activa a flote conxunto
Formulario 1b - Lixo activa a pe conxunto
Formulario 2a - Lixo pasiva a flote peso total
Formulario 2b - Lixo pasiva a flote peso e categorias
Formulario 2c - Lixo pasiva a pe peso total
Formulario 2d - Lixo pasiva a pe peso e categorias
Formulario 3a - Lixo activa a flote individual
Formulario 3b - Lixo activa a pe individual
Formulario 4a - Algas activa a flote conxunto
Formulario 4b - Algas activa a pe conxunto
Formulario 5a - Algas activa a flote individual
Formulario 5b - Algas activa a pe individual
Formulario 6a - Algas pasiva a flote
Formulario 6b - Algas pasiva a pe - 5. Proxectos colectivos, que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medio ambientalmente sostible (procedemento PE209P-2025)