O desenvolvemento local participativo (DLP) para o período de programación 2021-2027 réxese polo disposto nos artigos 51 a 54 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, e nos artigos 29 e 30 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021 que establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que regula o DLP no artigo 30 enmarcándoo na Prioridade 3 do fondo de “Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas”.
O DLP como instrumento de desenvolvemento territorial centrado en zonas, demostrou, ao longo dos dous precedentes períodos de programación, a súa capacidade para fomentar o desenvolvemento das zonas costeiras e dar resposta aos desafíos concretos do desenvolvemento económico e social das comunidades. Os grupos de acción local, nos que está moi involucrado o sector pesqueiro, son un motor de dinamización dos territorios e un recurso de desenvolvemento local para as persoas e entidades situadas nas zonas costeiras. A través das EDLP implementadas polos grupos, abordáronse retos da Política Pesqueira común (PPC), do crecemento azul e o cambio climático, e a creación de emprego.
As novas estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o 2021-2027, establecerán a zona xeográfica e poboación cuberta pola mesma, e serán seleccionadas por un comité creado para tal efecto pola autoridade de xestión correspondente, sendo aprobadas por estas mesmas autoridades. Terán un enfoque importante no sector pesqueiro, sen prexuízo de que tamén se dirixan á diversificación das comunidades locais.
Esta páxina inclúe a información relacionada co proceso de selección das estratexias e grupos de acción local do sector pesqueiro para o período 2021-2027 e será actualizada cando se dispoña de novos contidos que podan ser útiles para os interesados no proceso.
Comunicación de interese aos interesados no procedemento
Modelo de Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
Documento en formato Libre Office
Documento en formato Word enlazado
Os seguintes documentos foron elaborados para a preparación do período FEMP pero o seu contido está vixente na actualidade:
- Guía para a implantación da responsabilidade social corporativa nos Grupos de Acción Costeira
- Guía para a implantación da responsabilidade social corporativa nos Grupos de Acción Costeira
- Criterios para a definición de proxectos de pesca na Prioridade 3 do FEMPA 2021-2027
- Acordo polo que se fai pública a relación de organizacións candidatas a grupos de acción local do sector pesqueiro - FEMPA 2021-2027
Actividades FEMPA 2021-2027
Este espazo está adicado as actividades e xornadas relacionadas coa preparación do novo período e irán publicandose a medida que se celebren.
Data: 27/06/2022
Taller de traballo: Do FEMP ao FEMPA. Orientacións para contribuir aos grandes retos nas estratexias de desenvolvemento local participativo
Participantes: Membros e persoal dos Grupos de acción local do sector pesqueiro, persoal da Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Famenet e asistencia técnica.
- Programa do taller
- Presentación sobre o Programa de Seguemento dos novos retos do desenvolvemento local participativo. Claves do periodo 2016-2021
- Presentación FAMENET sobre Transición FEMP-FEMPA Orientaciones para el Desarrollo de Estrategias
- Presentación resultados do seguimento do DLP no FEMP
- Guía de orientacións para a elaboración das EDLP
Data: 30/05/2022
Taller de traballo: Do FEMP ao FEMPA. Orientacións para contribuir aos grandes retos nas estratexias de desenvolvemento local participativo
Participantes: Membros e persoal dos Grupos de acción local do sector pesqueiro, persoal da Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Famenet e asistencia técnica.
- Programa do taller
- Presentación sobre o Programa de Seguemento dos novos retos do desenvolvemento local participativo. Claves do periodo 2016-2021
- Presentación Guia EDLP
- Infografías sobre obxectivos e metas no DLP
Data: 30/05/2022
Xornada de traballo sobre o Modelo de Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.
Presentación do borrador do modelo para a elaboración das EDLP.
Participantes: Persoal de xerencia e técnicos dos Grupos de acción local do sector pesqueiro, persoal da Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e asistencia técnica.
Data: 4/03/2022
Reunión informativa sobre o novo período do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (2021-2027)
Participantes: Persoal de xerencia e técnicos dos Grupos de acción local do sector pesqueiro e persoal da Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.