GALP FEMPA 2021-2027

O desenvolvemento local participativo (DLP) para o período de programación 2021-2027 réxese polo disposto nos artigos 51 a 54 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, e nos artigos 29 e 30 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021 que establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que regula o DLP no artigo 30 enmarcándoo na Prioridade 3 do fondo de “Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas”.

O DLP como instrumento de desenvolvemento territorial centrado en zonas, demostrou, ao longo dos dous precedentes períodos de programación, a súa capacidade para fomentar o desenvolvemento das zonas costeiras e dar resposta aos desafíos concretos do desenvolvemento económico e social das comunidades. Os grupos de acción local, nos que está moi involucrado o sector pesqueiro, son un motor de dinamización dos territorios e un recurso de desenvolvemento local para as persoas e entidades situadas nas zonas costeiras. A través das EDLP implementadas polos grupos, abordáronse retos da Política Pesqueira común (PPC), do crecemento azul e o cambio climático, e a creación de emprego.

As novas estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o 2021-202 e os grupos de acción local do sector pesqueiro, foron seleccionadas o 13 de decembro de 2023  e establecen a zona xeográfica e poboación cuberta polas mesmas. As EDLP aprobadas teñen un enfoque moi importante no sector pesqueiro, sen prexuízo de que tamén se dirixan á diversificación das comunidades locais.

As novas estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o 2021-202 e os grupos de acción local do sector pesqueiro, foron seleccionadas o 13 de decembro de 2023  e establecen a zona xeográfica e poboación cuberta polas mesmas. As EDLP aprobadas teñen un enfoque moi importante no sector pesqueiro, sen prexuízo de que tamén se dirixan á diversificación das comunidades locais. Poden consultarse premendo nos seguintes textos:

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "A Mariña-Ortegal"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Norte"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Costa da Morte"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Ría de Arousa"

EDLP Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Ría de Pontevedra"

EDLP Grupo de Acción Local del Sector Pesqueiro "Ría de Vigo-A Guarda"
 

Pode consultar a información sobre o proceso de selección de GALP e EDLP premendo no seguinte enlace:
Información relacionada co proceso de selección das estratexias e grupos de acción local do sector pesqueiro para o período 2021-2027