Plans de xestión e biodiversidade

De acordo co Decreto 153/2019, do 21 de novembro polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, nos plans de xestión de marisqueo deberán establecerse unha serie de obxectivos xerais - biolóxicos, ecolóxicos e socioeconómicos- a acadar co desenvolvemento da actividade a través do plan.

Para facilitar o deseño dos obxectivos, ponse a disposición dos interesados a seguinte información:

  1. Guía para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo consonte ao Decreto 153/2019
  2. Prontuario para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo. Consulta de dúbidas cotián na redacción e avaliación dos plans de xestión de marisqueo baseados no Decreto 153/2019
  3. Folla de datos cos obxectivos estándar de cada tipo desagregados para utilizar como guía na elaboración do apartado do plan. (Formulario - guía para a definición dos obxectivos e as estratexias relacionadas).

Esta información foi presentada nunha xornada virtual celebrada o día 16 de abril de 2021 na que participaron as confrarías e entidades titulares de plans de xestión, así como o persoal técnico e de xestión da consellería do Mar.

A Guía e unha ferramenta para a mellora da implementación dos obxectivos no marco dos plans de xestión e está acompañada dun plan de formación personalizado e de caracter práctico.

Plans de xestión para moluscos bivalvos en zonas de autorización e plans específicos para as zonas de libre marisqueo para os anos 2024, 2025 e 2026: Información necesaria para a elaboración e presentación dos plans

Circular MA-01-2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan as instrucións para a presentación dos plans de xestión de moluscos bivalvos en zonas de autorización e plans específicos para zonas de libre marisqueo para os anos 2024, 2025 e 2026.

Presentación:

As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o formulario do procedemento normalizado PE403A - Plan de xestión marisqueira.

Xunto coa solicitude, a través da SEDE electrónica deberán achegarse os seguintes documentos, que conforman a documentación necesaria da solicitude:

a) Plan de xestión e anexos correspondentes, unidos nun único arquivo .pdf.

O plan debe elaborarse mediante o formulario Pexmar, accesible a través da URL: www.intecmar.gal/Sigremar/Pexmar_RecursosXerais, achegando os anexos que se vaian indicando en cada apartado.

Facilítanse aquí os anexos normalizados para os seguintes apartados:

Anexo_3_Evolución da produción.

Anexo relativo aos indicadores ambientais: Anexo 6.2.1. (Táboa de avaliación da información ambiental do plan: Anexo FEMP 11.1), a cumprimentar de acordo coa Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica:

Memoria

Anexos perspectiva ambiental

Anexos perspectiva sistémica

b) Arquivo .txt do plan, exportado dende a web do formulario Pexmar.

Prazo: Os plans deberán ser presentados antes do 1 de novembro de 2023.

Elaboración do apartado de obxectivos dos plans de marisqueo.

De acordo co Decreto 153/2019, do 21 de novembro polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, nos plans de xestión de marisqueo deberán establecerse unha serie de obxectivos xerais - biolóxicos, ecolóxicos e socioeconómicos- a acadar co desenvolvemento da actividade a través do plan.

Os obxectivos xerais deberán concretarse en obxectivos operacionais, ligados a indicadores con valores e niveis de referencia atopados na bibliografía ou nos rexistros históricos do indicador na zona ou no plan.

Para a súa aprobación, a proposta do plan achegada deberá incorporar o listado de obxectivos coas diferentes variables asociadas.

Para aclarar e facilitar a elaboración deste apartado do plan, ponse a disposición dos interesados os seguintes contidos e documentos expostos nas xornadas formativas que se estiveron impartindo:

Guía para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo consonte ao Decreto 153/2019.

Prontuario para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo. Consulta de dúbidas cotián na redacción e avaliación dos plans de xestión de marisqueo baseados no Decreto 153/2019

Folla de datos cos obxectivos estándar de cada tipo desagregados para utilizar como guía na elaboración do apartado do plan. (Formulario - guía para a definición dos obxectivos e as estratexias relacionadas)

Adaptación dos procedementos técnicos

Presentación sobre avaliación dos obxectivos en plans novos

Plans de xestión de recursos específicos para o trienio 2022-2024

Información necesaria para a elaboración e presentación dos plans

Circular MA-01-2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan instrucións para a presentación de plans de xestión de recursos específicos  e de algas para o trienio 2022-2024.

Os plans elaboraranse e presentaranse de acordo co disposto nela.


Presentación:
As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o formulario do procedemento normalizado PE410A- Plan de xestión de recursos específicos.

Xunto coa solicitude, a través da SEDE electrónica deberán achegarse os seguintes documentos:

a) Plan de xestión e anexos os correspondentes unidos nun único arquivo.pdf.

O plan debe elaborarse mediante o Formulario Pexmar, accesible a través da URL: http://www.intecmar.gal/Sigremar/Pexmar_RecursosEspecificos achegando os anexos que se vaian indicando en cada apartado.

Facilítase aquí anexos normalizados para os seguintes apartados:

Anexo_3_Evolución da producción.

Anexo relativo aos indicadores ambientais: Anexo 6.2.1. (Táboa de avaliación da información ambiental do plan: Anexo FEMP 11.1), a cumprimentar de acordo coa Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica:

b) Arquivo .txt do plan, exportado dende a web do formulario Pexmar.

Lémbrase que o tamaño máximo do conxunto de documentos achegados nunha solicitude na SEDE electrónica é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos

Prazo: Os plans deberán ser presentados antes do 1 de outubro de 2021.

Elaboración do apartado de obxectivos dos plans de marisqueo

De acordo co Decreto 153/2019, do 21 de novembro polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, nos plans de xestión de marisqueo deberán establecerse unha serie de obxectivos xerais - biolóxicos, ecolóxicos e socioeconómicos- a acadar co desenvolvemento da actividade a través do plan.

Estes obxectivos xerais o seu tempo deberán concretarse en obxectivos operacionais, ligados a indicadores con valores e niveis de referencia atopados na bibliografía ou nos rexistros históricos do indicador na zona ou no plan.

Para a súa aprobación, a proposta do plan achegada deberá incorporar o listado de obxectivos coas diferentes variables asociadas.

Para aclarar e facilitar a elaboración deste apartado do plan, ponse a disposición dos interesados os seguintes contidos e documentos expostos nas xornadas formativas que se estiveron impartindo:

Guía para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo consonte o Decreto 153/2019.

Prontuario para a avaliación dos plans de xestión de marisqueo. Consulta de dúbidas cotián na redacción e avaliación dos plans de xestión de marisqueo baseados no Decreto 153/2019.

Folla de datos cos obxectivos estándar de cada tipo desagregados para utilizar como guía na elaboración do apartado do plan. (Formulario - guía para a definición dos obxectivos e as estratexias relacionadas).

Adaptación dos procedementos técnicos

Presentación sobre avaliación dos obxectivos en plans novos

Plans de xestión de nova incorporación de recursos específicos para o ano 2021

Información necesaria para a elaboración e presentación dos plans

No artigo 19 do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, regúlase a figura dos plans de xestión de nova incorporación, que se poderán presentar para un período inferior a tres anos para recursos, ámbitos zonais ou útiles, equipos e técnicas de marisqueo regulamentarios diferentes aos plans de xestión trianuais aprobados, e que se poderán autorizar para determinar a viabilidade da explotación antes da súa aprobación como plan de xestión trianual.

Os plans de xestión de nova incorporación de recursos específicos deberán ser presentados ante a consellería competente en materia de marisqueo antes do 1 de outubro do ano anterior ao de inicio.

Os plans de recursos específicos e de algas actualmente autorizados teñen vixencia ata o 31/12/2021, data trala cal terá inicio o período de plans trianuais de recursos específicos e algas 2022-2024.

Información necesaria para a elaboración e presentación dos plans

Circular MA-03-2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan instrucións para a presentación de plans de xestión de nova incorporación de recursos específicos e de algas para o ano 2021.

Os plans elaboraranse e presentaranse de acordo co disposto nela.

Presentación:

As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o formulario do procedemento normalizado PE410A- Plan de xestión de recursos específicos.

Xunto coa solicitude, a través da SEDE electrónica deberán achegarse os seguintes documentos:

a) Plan de xestión e anexos os correspondentes unidos nun único arquivo.pdf.

O plan debe elaborarse mediante o Formulario Pexmar, accesible a través da URL: www.intecmar.gal/Sigremar/Pexmar_RecursosEspecificos achegando os anexos que se vaian indicando en cada apartado.

Facilítase aquí o seguinte anexo normalizado:

Anexo relativo aos indicadores ambientais: Anexo 6.2.1. (Táboa de avaliación da información ambiental do plan: Anexo FEMP 11.1), a cumprimentar de acordo coa Guía para a avaliación da perspectiva ambiental e sistémica:

Memoria

Anexos perspectiva ambiental

Anexos perspectiva sistémica

b) Arquivo .txt do plan, exportado dende a web do formulario Pexmar.

Lémbrase que o tamaño máximo do conxunto de documentos achegados nunha solicitude na SEDE electrónica é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos

Prazo: Os plans deberán ser presentados antes do 1 de outubro de 2020.

Elaboración do apartado de obxectivos dos plans de marisqueo

De acordo co Decreto 153/2019, do 21 de novembro polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, nos plans de xestión de marisqueo deberán establecerse unha serie de obxectivos xerais - biolóxicos, ecolóxicos e socioeconómicos- a acadar co desenvolvemento da actividade a través do plan.

Estes obxectivos xerais o seu tempo deberán concretarse en obxectivos operacionais, ligados a indicadores con valores a acadar ou evitar en base a determinados niveis de referencia atopados na bibliografía ou nos rexistros históricos do indicador na zona ou no plan.

Para a súa aprobación, a proposta do plan achegada deberá incorporar o listado de obxectivos coas diferentes variables asociadas.

Para aclarar e facilitar a elaboración deste apartado do plan, ponse a disposición dos interesados os seguintes contidos e documentos expostos nas xornadas formativas que se estiveron impartindo:

Adaptación dos procedementos técnicos

Presentación sobre avaliación dos obxectivos en plans novos

Folla de datos cos obxectivos estándar de cada tipo desagregados para utilizar como guía na elaboración do apartado do plan. (Formulario - guía para a definición dos obxectivos e as estratexias relacionadas).

Harmonización datos indicadores FEMP dos plans de xestión

As actividades de marisqueo en Galicia están sometidas a plans de xestión que perseguen, como obxectivo económico, sustentar a actividade profesional das persoas que o exercen. Ademais, ao tratarse dunha actividade baseada na xestión de recursos naturais e no bo estado do medio natural, precisa dunha extremada calidade ambiental do entorno.

A xestión sostible dos recursos marisqueiros, enmarcase nos plans de xestión, nos que se desenvolven medidas que melloran a protección, conservación e sustentabilidade dos recursos. Ademais da xestión sostible, realízanse actividades complementarias que contribúen á conservación e recuperación de hábitats e da diversidade, para garantir a viabilidade económica, social e ambiental do sector.

O marisqueo, exercido a través dos plans de xestión, axústase a unha perspectiva sistémica axeitada na medida en que mellora a biodiversidade, fomenta o uso axeitado do territorio, pode contribuír a minorar ou adaptarse ao cambio climático, e se axusta ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). O marisqueo, a través dos plans de xestión, responde ao concepto de infraestrutura verde na medida en que favorece ou mantén os servizos ecosistémicos, aplica a restauración ecolóxica, e mellora a conectividade.

Os plans de xestión do marisqueo tamén axudan a encadrar esta actividade na Directiva marco sobre a estratexia mariña (DMEM). Dita Directiva establece un total de 11 descritores do estado ambiental nas augas mariñas, así como os indicadores que se deberán utilizar para avaliar a consecución do bo estado medioambiental da zona obxecto de estudo. Moitas das labores levadas a cabo polos técnicos das entidades asociativas do sector en relación cos plans de xestión, coinciden cos requirimentos da DMEM e achegan información que pode ser encadrada en moitos dos descritores establecidos.

No ano 2018 realizouse unha análise dos datos recompilados incluídos nos anexos FEMP subidos á FTP ata outubro de 2018; actualizáronse os indicadores da perspectiva ambiental relativos aos plans de explotación/xestión marisqueira e desenvolveuse unha nova versión dos modelos estándar de recompilación dos datos dos indicadores dos diferentes descritores da DMEM. O resultado na análise está dispoñible no seguinte documento de Harmonización dos datos recompilados e actualización dos indicadores da perspectiva ambiental relativos aos plans de explotación/xestión marisqueira de 2018.

Harmonización datos indicadores FEMP plans 2018

Proposta de norma que regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros:

Dende os anos noventa a explotación dos recursos marisqueiros en Galicia organizouse principalmente a través plans de explotación anuais, mediante un sistema de coxestión entre a Administración e o sector. Os plans de explotación, xunto cos permisos de explotación para exercer a actividade e a organización do sector en torno ás agrupacións sectoriais das confrarías de pescadores, conformaron os piares para a importante transformación do sector marisqueiro, destacando a profesionalización das mariscadoras a pé, que contribúe á creación de emprego e ao desenvolvemento sustentable das zonas costeiras de Galicia.

A experiencia adquirida na xestión nos 25 anos transcorridos dende a promulgación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro e o grado de evolución organizativa acadado polo sector marisqueiro, levan a realizar unha actualización da normativa coa finalidade de reforzar a xestión do recursos en base á saúde dos stocks; reducir a carga administrativa; e incorporar os aspectos ambientais que permitan visibilizar a contribución do marisqueo a manter ou mellorar a biodiversidade, fomentar o uso axeitado do territorio, adoitar medidas de adaptación ao cambio climático, e axustarse ao concepto de infraestrutura verde.

No proceso de elaboración do proxecto de decreto polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros seguíronse os seguintes pasos:

1º. Elaboración dun informe técnico que tiña por obxectivo avaliar á viabilidade de establecer plans de xestión plurianuais tendo en conta a dinámica das poboacións das especies marisqueiras.

O estudo realizado permite incrementar a vixencia dos plans de xestión a un prazo medio de tres anos incorporando obxectivos operacionais, e realizando un seguimento e avaliación das tendencias de indicadores establecidos e niveis de referencia establecidos.

1. Informe bases biolóxicas para plans de xestión plurianuais

2º Presentación ás Federacións de confrarías de Galicia do informe técnico das bases biolóxicas para plans de xestión plurianuais e dunha proposta inicial das cuestións a abordar na nova regulación, nunha reunión celebrada o día 25 de abril de 2019.

2. Presentación bases biolóxicas - Federacións confrarías 25/04/2019

3. Documento proposta regulación 25/04/2019

3º Presentación aos técnicos de confrarías e da administración das bases biolóxicas para plans de xestión plurianuais, información sobre a proposta de regulación e recollida de suxestións, en reunión celebrada o día 31 de maio de 2019.

4. Presentación Técnicos confrarías 31/05/2019

4º. Consulta pública previa á elaboración de proxecto de decreto no portal de transparencia e bo goberno da Xunta de Galicia entre os días 7 e 22 de maio de 2019 sobre o Decreto por el que se regula el régimen de conservación y explotación de los recursos marisqueros.

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/consulta-publica-previa

5º. Celebración dunha xornada de marisqueo dirixida ao sector o día 11 de xuño de 2019 co obxectivo de informar e consultar mediante metodoloxía participativa para a incorporación de posibles suxestións, sobre a nova regulación da normativa de conservación e explotación dos recursos marisqueiros, e á que foron invitadas 64 entidades asociativas do sector (60 confrarías de pescadores, 3 asociacións de mariscadoras e 1 cooperativa)

5. Informe Xornada Marisqueo 11/06/2019

6. Presentación bases biolóxicas xornada 11/06/2019

7. Presentación consellería xornada 11/06/2019

6º. Reunión na Federación Provincial de confrarías de Pontevedra o día 18 de xuño de 2019 coa asistencia de secretarios de confrarías, asistencias técnicas e patróns maiores, para informar da proposta de norma, intercambiar opinións e recoller posibles suxestións.

Análise do incremento do esforzo nos plans de xestión de recursos específicos entre os anos 2015 e 2016

A orde de 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13, do 21 de xaneiro de 2016) contempla que no caso da explotación de recursos específicos desde embarcación, terase en conta ter exercido unha actividade mínima na renovación das habilitacións e no mantemento do número de cotas de captura a que pode ter dereito cada embarcación. Con esta medida pretendíase evitar que se producira unha subexplotación dos recursos e promóver a incorporación de persoas ao sector.

A consellería realizou una análise do incremento do esforzo nos plans de xestión de recursos específicos nos anos 2015 e 2016 co obxecto de determinar se a implementación da orde de 30 de decembro de 2016 supuxo una variación significativa do esforzo extractivo aplicado sobre os recursos nos plans de xestión. Este informe analizouse na comisión sectorial de marisqueo e recursos específicos do Consello Galego de Pesca do 12 de xullo de 2017.

A continuación figura un resumo executivo do informe mencionado.

Análise do incremento do esforzo nos plans de xestión de recursos específicos entre os anos 2015 e 2016 (231 Kb)