Plan Galego de Control das Organizacións de Produtores Pesqueiros

O obxecto xeral deste plan é garantir o correcto funcionamento das OPP, co fin de que sexan estruturas competitivas, plenamente operativas e que contribúan eficazmente ao cumprimento dos obxectivos das PPC e a OCM, no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

Os obxectivos específicos no marco do Plan Galego de Control das OPP son os seguintes:

  • Controlar que as OPP manteñan o cumprimento das condicións que determinaron o seu recoñecemento, en función dos seu ámbito de actuación.
  • Comprobar a adaptación das actuacións e normas internas das OPP á nova OCM.
  • Verificar que as OPP contribúen a acadar os obxectivos establecidos pola OCM.
  • Verificar o cumprimento dos Plans de Produción e Comercialización e que se teñan executado as actuacións previstas nos mesmos.
  • Comprobar que se cumpran as normas sobre competencia e que non existe unha posición dominante no mercado de ningunha OPP.

RESOLUCIÓN pola que se aproba o Plan Galego de Control das Organizacións de Produtores Pesqueiros