CONVOCATORIA 2026
ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
O Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2017/1004, recolle no seu artigo 3, que o FEMPA contribuirá á aplicación da Política Pesqueira Común (PPC) e da política marítima da Unión e terá entre as súas prioridades fomentar unha pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos. Dentro desta prioridade a axuda contribuirá ao logro do obxectivo específico de reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sustentables e encadrarase dentro do tipo de actividade 1.1.9 Formación.
A natureza das accións formativas irá encamiñada a promover as condicións para un sector da pesca economicamente viable, competitivo e atractivo a través da realización de accións formativas destinadas á adquisición de novos coñecementos e á mellora de capacidades que impulsen a competitividade do sector, o desenvolvemento profesional, mellores condicións laborais, un uso máis eficiente dos recursos e unha maior sensibilización e respecto ao medio.
As axudas recollidas nesta orde están cofinanciadas de acordo coa sección 1, capítulo VII, título II do citado Regulamento (UE) 2021/1139, nun 70 % con fondos FEMPA e nun 30 % con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais de reparación de redes e as súas federacións, así como as demais asociacións de profesionais xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o quinto día hábil posterior ao día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias: a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería do Mar, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes. b) O 20 de outubro de 2026.
Para a tramitación destas axudas a Consellería do Mar elaborou uns modelos que facilitan ás entidades solicitantes o traballo de presentación de solicitude de axuda e a xustificación documental das actuacións realizadas:
- MODELO A: MEMORIA DA ACCIÓN FORMATIVA
- INSTRUCIÓNS PARA A CUMPLIMENTACIÓN DOS CRITERIOS DE SELECCIÓN XERAIS DO MODELO A
- MODELO B: COMUNICACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA
- MODELO C: INFORME TÉCNICO
- MODELO D: REXISTRO DE ASISTENCIA DIARIA
- MODELO E: ENQUISA DAS PERSOAS ASISTENTES AOS CURSOS DE FORMACIÓN
A dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como Organismo Intermedio do FEMPA asume como un dos principais obxectivos cara o período 2021-2027 loitar contra o fraude e manifesta o seu compromiso de actuar coa responsabilidade que supón xestionar os recursos a disposición da Comunidade Autónoma.
O Servicio Nacional de Coordinación Antifraude (en diante, SNCA) ten establecido unha canle específica para que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da UE poida poñer os feitos en coñecemento do SNCA.
A información que se remita ao SNCA a través dos medios indicados máis abaixo, deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que sexa posible, as persoas que participarán nos mesmos; os negocios, convocatorias, instrumentos ou expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada na que os feitos tiveron lugar; o Fondo ou Fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionara a axuda; e os órganos ou entidades aos que, adicionalmente ou no seu caso, fora remitida a información.
Así mesmo deberá aportarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuacións que correspondan en relación cos mesmos.
A persoa que remita a información, deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos, debendo indicar así mesmo unha dirección de correo electrónico, ou no seu defecto unha dirección postal, a través do cal o SNCA poida comunicarse con dita persoa.
Cando a información se remita ao SNCA en soporte papel, deberán constar na mesa os datos de identificación da persoa informante, coa súa correspondente sinatura.
O canal habilitado polo SNCA pode atoparse na dirección web:
http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Así mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre cerrado á seguinte dirección postal:
Servicio Nacional de Coordinación Antifraude.
Intervención General de la Administración del Estado.
Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Calle de María de Molina 50, planta 12. 28006 Madrid.
