A Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia e unha ferramenta pioneira na comunidade, que da resposta a unha demanda que dende Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro hai tempo que se ven observando, como é a necesidade de crear un marco/espazo de colaboración entre o sector Pesqueiro e os organismos científicos/investigadores de forma que se podan poñer en común as experiencias, coñecementos, problemas e desexos de mellora e buscar entre todos as solucións á problemática do sector, así como emprender as actuacións precisas para acadar as solucións atopadas.
REDEMAR pretende contribuír a que a Administración conte coa mellor información dispoñible sobre a situación dos distintos recursos para unha óptima xestión e ordenación pesqueira, na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais, para garantir o futuro do mar promovendo una xestión responsable.
