O desenvolvemento local participativo nas zonas pesqueiras está gobernado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e lévase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas e baseadas nas zonas.
As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro