Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP)

As organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (OPP), as asociacións de organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (AOP) e as organizacións interprofesionais (OIP) constitúen as organizacións profesionais do sector pesqueiro. Están definidas na Organización Común de Mercados (OCM) como o sector da economía que comprende todas as actividades de produción, transformación e comercialización dos produtos da pesca ou da acuicultura.

O marco xurídico no que se fundamenta a política europea neste sector está conformado pola Política Pesqueira Común (PPC). Esta lexislación conforma os pilares principais nos que se sustenta a Política Pesqueira Común para alcanzar os seus obxectivos.

PE211A - Presentación de plans de produción e comercialización e informes anuais.

O obxecto da presente resolución é establecer o procedemento co código PE211A para a presentación da documentación requirida na tramitación e aprobación de plans de produción e comercialización e informes anuais das…

Ir á sede electrónica

PE155C - Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións...

Ir á sede  electrónica

PE155D - Axudas destinadas á creación e reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á seguinte acción:

Creación ou reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, recoñecidas no ámbito autonómico galego...

Ir á sede  electrónica

PE301A - Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

A presente resolución ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, a tramitación do procedemento de recoñecemento como organizacións de produtores pesqueiros (OPP), así como, establecer o formulario de presentación de solicitude para este procedemento.

Ir á sede  electrónica

PE301B - Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

A presente resolución ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, a tramitación do procedemento de retirada do recoñecemento como OPP, así como, establecer o formulario de presentación de solicitude para este procedemento.

Ir a sede electrónica