Pesca deportiva

Correspóndese con aquela pesca marítima de recreo que se practica por entretemento, deporte ou afección, sen ánimo de lucro e respectando sempre o exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola profesional.

A Lei de Pesca de Galicia recolle entre os seus fins a promoción deste tipo de pesca como actividade de lecer en harmonía coa pesca marítima profesional, así como as actividades turísticas, deportivas ou de coñecemento relacionadas co medio mariño, na procura da diversificación económica do sector marítimo-pesqueiro galego.

Licenzas de pesca marítima de recreo en superficie